| Do 26 ao 29 de maio. 2022
| De 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h. (o primeiro día só pola tarde)
| Barrio de San Bieito » ver mapa
As novidades editoriais volven saír ás rúas dos concellos galegos para achegarlle á cidadanía o libro e a lectura, nun percorrido que as leva polas catro provincias galegas.
As Feiras do Libro de Galicia celébranse nos meses de primavera e verán, con postos de venda de exemplares xestionados polos libreiros, e complétanse cunha extensa programación de actividades paralelas dirixidas a todas as idades, como charlas, encontros con autores, espectáculos infantís, presentacións de libros etc., que fan destes eventos unha cita de alto interese cultural.
A feira abrirá as súas portas o xoves 26 e extenderase ata o domingo 29 de maio. Será no barrio de San Benito, onde porriñeses e visitantes poderán disfrutar das propostas literarias das librarías participantes: Recondo, Paz, Copi Rey, Pedreira, Uróboros e o stand da Deputación de Pontevedra.
O acto de inauguración, contará coa autora porriñesa Sandra Estévez Calvar como pregoeira. As súas verbas acompañadas pola música da Asociación cultural Lumeirada darán o pistoletazo de saída a catro días de actividades que incluirán a cinco autores locais máis: Beatriz Cabaleiro, Diego Giráldez, Andrea Martínez Baladrón, Sandra Burgos e Begoña Yglesias Porta.
O horario de apertura das instalacións será de 11-14 h e de 17-21 h (o xoves só pola tarde). Cabe destacar que as librarías ofrecerán un 10 % de desconto en todos os libros.
Programa do xoves, día 26 de maio
Ás 17:45 h.
- Actuación Lumeirada
Ás 18:00 h.
- Juan Prieto asina La sonrisa eterna na caseta da libraría Paz
- Pregón oficial a cargo de Sandra Estévez Calvar e coa actuación da Asociación Cultural Lumeirada
- César Cequeliños e Jorge Campos asinan Historias da Galicia pequeniña na caseta da libraría Pedreira
Ás 19:00 h.
- Juan Parcero asina A soidade selénica na caseta da libraría Pedreira
- Beatriz Cabaleio xogo cartas: unha porquiña diferente por Editorial Aira
Ás 20:00 h.
- Pablo Vázquez asina Son da cidade ilustrado por Denís Carballas na caseta da libraría Pedreira
Programa do venres, día 27 de maio
Ás 18:00 h.
- Begoña Gil González asina Esto no es el CSI na caseta da libraría CopyRey
- Espectáculo musical familiar Fantasía coas palabras de María Faltri e Jorge Juncal
- Xavier Queipo asina Final feliz na caseta da libraría Pedreira
- Marcos Calveiro asina Curros & Holmes no misterio d’O Kapital na caseta da libraría Recondo
Ás 19:00 h.
- Roberto Mera asina Alejandro Viana na caseta da libraría Paz
- Conversa con Diego Giráldez sobre a novela O meu sangue de Editorial Galaxia
- Teresa Ríos asina Iris atalaia na caseta da libraría Pedreira
Ás 20:00 h.
- Presentación Hijos de Gael y Misarela de Rodrigo Costoya por Espasa
Programa do sábado, día 28 de maio
Ás 11:00 h.
- Finy Sesmonde asina Fluyendo como el agua na caseta da libraría Paz durante todo o día
Ás 12:00 h.
- Samuel Ferro asina Tierra de leyenda: El legado de Breogán na caseta da libraría Recondo
Ás 12:30 h.
- Contacontos Beatriz Cabaleio asina Clover: unha porquiña diferente por Editorial Aira
Ás 18:00 h.
- Sandra Estévez Calvar asina La predicadora e A un segundo de rendirme na caseta da libraría CopyRey
- Pequena biografía de Florencio Delgado Gurriarán a cargo da compañía Polo Correo do Vento. Organizado pola Concellería de Política lingüística
- Noelia Muíños e Ramón Quintasen asinan Camiño portugués da costa na caseta da libraría Pedreira
- Mar Míguez asina Dama de luna na caseta da libraría Uróboros
Ás 19:00 h.
- Presentación Todas las cosas que me pasan de Marta Río Nieto de Editorial El Talón de Aquiles
Ás 20:00 h.
- Presentación Stricta Fvnis en la cuerda floja de Perfecto Souto de Editorial Letradepalo
Programa do domingo, día 29 de maio
Ás 11:00 h.
- Pilar Alvarellos asina Momentos casi perfectos para morir na caseta da libraría Paz
- Jessica Rodríguez asina Peúgo, o calcetín melenudo na caseta da Libraría Recondo
Ás 12:00 h.
- Begoña Yglesias Porta asina Si mi cielo se vuelve gris, mi alma lo pinta de colores na caseta da Libraría Recondo
Ás 12:30 h.
- Andrea Martínez Baladrón asina Besándote na caseta da Libraría CopyRey
Ás 18:00 h.
- Contacontos Peúgo, o calcetín melenudo de Jessica Rodríguez por Editorial Babidibú
- Sandra Burgos asina Tú dejas huella na caseta da Libraría Recondo
Ás 19:00 h.
- Presentación Guantanamera de Samuel Merino de Editorial Urutau
Ás 20:00 h.
- Actuación do grupo de gaitas San Xurxo de Mosende
Librarías parcitipantes
Libraría Recondo, Libraría Paz, Copi-Rey, Libraría Pedreira e Libraría Uróbor