| Do 11 ao 14 de maio. 2023
| De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 21:00 h. Xoves só de 17:00 a 21:00 h
| Barrio de San Bieito » ver mapa
As novidades editoriais volven saír ás rúas dos concellos galegos para achegarlle á cidadanía o libro e a lectura, nun percorrido que as leva polas catro provincias galegas.
As Feiras do Libro de Galicia celébranse nos meses de primavera e verán, con postos de venda de exemplares xestionados polos libreiros, e complétanse cunha extensa programación de actividades paralelas dirixidas a todas as idades, como charlas, encontros con autores, espectáculos infantís, presentacións de libros etc., que fan destes eventos unha cita de alto interese cultural.
A feira abrirá as súas portas o xoves 11 e extenderase ata o domingo 14 de maio. Será no barrio de San Bieito, onde porriñeses e visitantes poderán disfrutar das propostas literarias das librarías participantes: Libraría Pedreira, Libraría Paz, Copi-Rey, Libraría Cortizas, Libraría Recondo, Libraría Uróboros e Deputación de Pontevedra.
O acto de inauguración, contará coa porriñesa Dna. Casilda Eiriz Areán como pregoeira e dará o pistoletazo de saída a catro días de actividades.
Programa do xoves, día 11 de maio
- Ás 17:00 h > Rubén Pintos asina El niño de los colores na caseta da libraría Paz (até 21:00).
- Ás 17:30 h > Rober Cagiao asina a saga El Guardián de las flores na caseta da libraría Cortizas.
- Ás 17:45 h > Actuación Lumeirada.
- Ás 18:00 h > Pregón oficial a cargo de Casilda Eiriz Areán.
- Ás 18:00 h > Carmeliña García asina Un verso a la deriva e Na procura dun soño na caseta da libraría Uróboros.
- Ás 18:00 h > Luis Carlos Félix Rivero asina La Diosa y un ángel caído na caseta da libraría Recondo (até 20:00).
- Ás 18:30 h > Obradoiro de relato exprés. Especial fantasía, terror e ciencia-ficción (a partir de 12 anos) impartido pola escritora Andrea Barreira Freije.
- Ás 19:00 h > César Lorenzo Gil asina A gran novela galega na caseta da libraría Pedreira.
- Ás 20:00 h > Alba Guzmán presenta Xoaniña de Deus acompañada polo libreiro Fabio Rivas (Xerais).
- Ás 20:00 h > Perfecto Ramos Rodríguez asina Os Lobariñas Feixoo. Luz e memoria nos Séculos Escuros na caseta da libraría Pedreira.
Programa do venres, día 12 de maio
- Ás 11:00 h > Títeres Dona Barriga Verde por Teatro Larraitz Urruzola.
- Ás 11:00 h > Diego Cabrera e Vicente Pedreira asinan Samain’s Party na caseta da libraría Paz de (até 14:00 h).
- Ás 12:00 h > Títeres Dona Barriga Verde por Teatro Larraitz Urruzola.
- Ás 12:00 h > Sabela Senn asina Seis caminos de diversidad funcional e (Des)Amor La tribu de los corazones rotos na caseta da libraria Uróboros.
- Ás 17:00 h > Obra infantil Feo a cargo de Caramuxo teatro.
- Ás 18:00 h > Perfecto Souto asina Stricta Funis na caseta da libraría Uróboros.
- Ás 18:00 h > César L. Mougán asina Historias colexiadas na caseta da libraría Copy-Rey.
- Ás 18:00 h > Carmen Oliveira asina Norteño ya no quiere bailar na caseta da libraría Paz.
- Ás 18:45 h > Contacontos infantil Menú de contos de Charo Pita.
- Ás 19:00 h > José Malvarez asina Incoloro na caseta da libraría Pedreira.
- Ás 20:00 h > Fina Casalderrey presenta A muller xabaril acompañada pola escritora Isabel Blanco (Xerais).
Programa do sábado, día 13 de maio
- Ás 11:00 h > María Olga Alonso asina En la otra orilla na caseta da libraría Paz (até 14:00).
- Ás 11:00 h > Samuel Merino (Pompa&Boato) asina Con esta hoz na caseta da libraría Recondo (até 13:00).
- Ás 11:30 h > Andrea Martínez Baladón asina Un abrazo de laberinto na caseta da libraría Copy-Rey.
- Ás 12:00 h > Carlos Gabriel Fernández asina Compostela Mágica na caseta da libraría Uróboros.
- Ás 12:00 h > Andreia Costas asina Magnolia Punk e outras arritmias na caseta da libraría Pedreira.
- Ás 12:30 h > Contacontos infantil A corva de Cris Collazo.
- Ás 13:00 h > Sonia Blanco Sío (autora) e Miguel Golmayo Labrador (ilustrador) asinan A pedra vermella na caseta da libraría Copy-Rey.
- Ás 13:00 h > César Mougán asina Historias colexiadas na caseta da libraía Pedreira.
- Ás 17:00 h > Contacontos infantil Ollo Piollo de Chus Álvarez.
- Ás 17:00 h > Samuel Ferro asina Tierra de Leyenda na caseta da libraría Recondo (até 20:00).
- Ás 17:00 h > María Olga Alonso asina En la otra orilla na caseta da libraría Paz (até 21:00).
- Ás 17:30 h > Almudena Santamaría Palmas asina Puede que algún día na caseta da libraría Cortizas (até 19:30).
- Ás 18:15 h > Xavier Estévez presenta A memoria dos pingüíns acompañado de Carlos Gallego, ilustrador da obra (Xerais).
- Ás 19:00 h > Branca Trigo presenta Condolore acompañada do poeta Samuel Merino (Urutao).
- Ás 19:00 h > Xosé Monteagudo asina Vémonos mañá na caseta da libraría Pedreira.
- Ás 20:00 h > Marisa Castro presenta A saga das curandeiras acompañada polo presidente do Grupo Micolóxico Galego, Óscar Requejo (Hércules de ediciones).
Programa do domingo, día 14 de maio
- Ás 11:00 h > María Isabel Ramos Breijo asina Hasta el infinito y más allá na caseta da libraría Cortizas (até 12:30).
- Ás 12:00 h > Espectáculo infantil A Ramona pequena vai á lúa de Pakolas.
- Ás 12:00 h > Alfonso Collazo asina Illa infinda na caseta da libraría Pedreira.
- Ás 12:00 h > Begoña Gil González asina Los deseos oscuros. Segundo caso de Lila Madrigal na caseta da libraría Copy-Rey.
- Ás 12:00 h > Mar Míguez asina A maxia asolagada na caseta da libraría Uróboros.
- Ás 12:30 h > Sabela Cagiao Branco asina Gomets na caseta da libraría Cortizas (até 14.00).
- Ás 17:00 h > Raquel Castro asina Planeta Bugallo na caseta da libraría Paz (até 21:00).
- Ás 18:00 h > Xacobe Medina asina Lembranzas dun mestre subversivo na caseta da libraría Pedreira.
- Ás 19:30 h > Samuel Merino (Pompa & Boato) presenta Con esta Hoz acompañado por Samuel Solleiro (editorial Disbauxa). Ao rematar o autor recitará poemas da obra acompañado polo músico Fernán Permuy.
- Ás 20:45 h > Actuación grupo de gaitas San Salvador de Torneiros.
Librarías parcitipantes
Libraría Pedreira, Libraría Paz, Copi-Rey, Libraría Cortizas, Libraría Recondo, Libraría Uróboros e Deputación de Pontevedra