| Do 29 de maio ao 1 de xuño. 2025
| Barrio de San Bieito » ver mapa

Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Concello do Porriño, Federación Librarías de Galicia e Biblioteca Municipal do Porriño
A Feira do Libro de Porriño 2025: Onde florecen os libros e a cultura
Do 29 de maio ao 1 de xuño, Porriño volverá transformarse na capital da lectura de Galicia coa chegada da súa esperada Feira do Libro, que este ano se celebra baixo o evocador lema das Feiras do Libro 2025: “Onde florecen os libros”.
Unha frase que cobra vida nesta cita anual xa imprescindible, que convida a veciños, visitantes e amantes das letras a gozar de catro días cheos de historias, palabras e emocións. A Feira do Libro de Porriño é moito máis ca unha feira: é un xardín cultural que medra con cada páxina lida, con cada lector que se achega, con cada conversa que xurde entre libros.
Un encontro literario para todos os públicos
A Feira contará coa presenza de librarías locais e convidadas de toda Galicia, así como cun completo programa de actividades pensadas para todas as idades:
- Presentacións de libros con autoras e autores de toda Galicia.
Sinaturas e encontros co público lector. - Mesas redondas e actividades culturais, que ofrecerán espazos de reflexión e diálogo arredor do mundo do libro.
- Obradoiros e contacontos para os máis pequenos, fomentando o pracer da lectura dende a infancia.
- Unha celebración da identidade lectora de Galicia
Nesta nova edición, a Feira do Libro de Porriño aposta por afondar no seu papel como motor cultural da vila e da comarca. Baixo o lema “Onde florecen os libros”, a organización convida a toda a cidadanía a sementar e coidar ese amor polos libros que nos une, que nos transforma e que nos fai medrar como sociedade.
Unha chamada á participación
A Feira é tamén un espazo de encontro e descubrimento, onde cada visita pode ser o inicio dun novo camiño lector. Por iso, convidamos a centros educativos, familias, clubs de lectura, e a todas aquelas persoas que queiran deixarse sorprender polas milleiras de propostas lectoras ao seu alcance.
Non faltes! Ven celebrar con nós esta festa da lectura, onde os libros florecen e fan florecer a nosa cultura.
Programa do xoves, día 29 de maio
Carpa de actividades:
- Ás 17:45 h > Actuación musical a cargo das Pandereteiras Pande Atios da Asociación Cultural Os Penediños de Atios.
- Ás 18:00 h > Acto inaugural da Feira do Libro do Porriño, pregón a cargo do poeta Samuel Merino.
Casetas librarías:
- Ás 17:00 h > Samuel Ferro asina La queimada de las ánimas na caseta da libraría Paz.
- Ás 18:00 h > Perfecto Souto asina Clarisa na caseta da libraría Uróboros.
- Ás 18:30 h > Diego Giráldez asina Xulia e as cóxegas das nubes na caseta da libraría Porto.
Programa do venres, día 30 de maio
Carpa de actividades:
- Ás 11:00 e ás 12:00 h > Teatro para familias: Pablísimo representa a obra Cabicivai.
- Ás 18:00 h > Actuación musical a cargo do grupo de guitarras EMMUS da Escola Municipal do Porriño.
- Ás 18:30 h > Espectáculo familiar: Os Xogos do Paporrubio, xogos para toda a familia. Patrocinado por Deleite.
Casetas librarías:
- Ás 11:00 h > Alba López Paredes asina Glesea na caseta da libraría Porto.
- Ás 11:00 h > Ricardo Canosa asina Los límites del crecimiento económico y la crisis de ideas de la izquierda na caseta da libraría Paz.
- Ás 12:00 h > David Gesteira asina A historia de Galicia en 30 obxetos na caseta da libraría Uróboros.
- Ás 17:00 h > Sabela Senn asina La última musa na caseta da libraría Uróboros.
- Ás 17:00 h > Mª Olga Alonso Alonso asina En la otra orilla na caseta da libraría Paz.
- Ás 17:30 h > Isabel Porto asina ¿Quién robó el tiempo? na caseta da libraría Porto.
- Ás 18:00 h > Andrea Martínez Baladrón asina Dos abrazos sobre el agua na caseta da libraría Copi-Rey.
Programa do sábado, día 31 de maio
Carpa de actividades:
- Ás 17:30 h > Teatro para familias: Pedras de cartón representa a obra Carapuchiña vermella.
- Ás 18:30 h > Contacontos e obradoiro ¿Quién robó el tiempo? con Isabel Porto Collazo.
- Ás 19:30 h > Carlos Callón presenta Vidas e historias LGBT da Idade Media.
Casetas librarías:
- Ás 11:00 h > Alba López Paredes asina Glesea na caseta da libraría Porto.
- Ás 11:00 h > Raquel Castro asina Bonecas na caseta da libraría Paz.
- Ás 11:00 h > Samuel Ferro asina A Queimada das ánimas na caseta da libraría Uróboros.
- Ás 12:00 h > Antía Martín asina Amores Extraños na caseta da libraría Copi-Rey.
- Ás 17:00 h > Amara Castro asina Hasta siempre Malena Giestal na caseta da libraría Paz.
- Ás 17:00 h > Alba López Paredes asina Glesea na caseta da libraría Porto.
- Ás 17:00 h > Javier Regueira Serrano asina El límite Kallmann Parte 1: La caída na caseta da libraría Uróboros.
- Ás 17:00 h > Josiño Araújo asina San Meteoro na caseta da libraría Pedreira.
- Ás 18:00 h > Samuel Ferro asina A queimada das ánimas na caseta da libraría Copi-Rey.
- Ás 19:00 h > César Cequeliños asina ás suas obras na caseta da libraría Pedreira.
- Ás 19:00 h > María Besteiros asina Ítaca na caseta da libraría Pedreira.
- Ás 19:30 h > Perfecto Souto asina Clarisa na caseta da libraría Uróboros.
Programa do domingo, día 1 de xuño
Carpa de actividades:
- Ás 17:30 h > Contacontos: Xela, aventura na fraga con Inma Soto.
- Ás 18:30 h > Obradoiro: Follas de Papel, facemos marcapáxinas con papel reciclado. Prazas limitadas!
- Ás 19:30 h > Recital Poético con Samuel Merino.
- Ás 20:30 h > Actuación musical a cargo do grupo de música tradicional EMMUS da Escola Municipal do Porriño.
Casetas librarías:
- Ás 11:00 h > Alba López Paredes asina Glesea I y II na caseta da libraría Paz.
- Ás 11:00 h > Perfecto Souto asina Clarisa na caseta da libraría Uróboros.
- Ás 11:30 h > Samuel Ferro asina A queimada das ánimas e Tierra de leyenda na caseta da libraría Porto.
- Ás 12:00 h > Lisi da Silva asina El ruido de los tonos grises na caseta da libraría Copi-Rey.
- Ás 17:00 h > Carmen Pereiro asina En aquellas calles dibujé mis pasos na caseta da libraría Paz.
- Ás 17:00 h > Carlos Gabriel Fernández asina 50 lugares sagrados de Galicia na caseta da libraría Uróboros.
- Ás 17:30 h > Eva Riobó asina Doncella de hierro na caseta da libraría Porto.
- Ás 18:00 h > Alba López Paredes asina Trilogía de Nandinor, Trilogía Leyenda de Noa e Bilogía de Glesea na caseta da libraría Copi-Rey.
Librarías parcitipantes
Librería Porto, Libraría Pedreira, Libraría Copi-Rey, Librería Uróboros, Librería Paz e Libraría Cartabón.
Descarga o programa da Feira do Libro do Porriño



