| Do 14 ao 17 de maio. 2026
| De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 21:00 h (xoves só pola tarde, domingo peche ás 20:00 h)
| Barrio de San Bieito » ver mapa

Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Concello do Porriño, Federación Librarías de Galicia e Biblioteca Municipal do Porriño
A Feira do Libro de Porriño 2026: A porta a universos infinitos
Do 14 ao 17 de maio, Porriño volverá transformarse na capital da lectura de Galicia coa chegada da súa esperada Feira do Libro, que este ano se celebra baixo o evocador lema das Feiras do Libro 2026: “A porta a universos infinitos”.
Esta cita anual xa imprescindible, que convida a veciños, visitantes e amantes das letras a gozar de catro días cheos de historias, palabras e emocións. A Feira do Libro de Porriño é moito máis ca unha feira: é un encontro cultural que medra con cada páxina lida, con cada lector que se achega, con cada conversa que xurde entre libros.
A Feira contará coa presenza de librarías locais e convidadas de toda Galicia, así como cun completo programa de actividades pensadas para todas as idades.
A Feira é un espazo de encontro e descubrimento, onde cada visita pode ser o inicio dun novo camiño lector. Por iso, convidamos a centros educativos, familias, clubs de lectura, e a todas aquelas persoas que queiran deixarse sorprender polas milleiras de propostas lectoras ao seu alcance.
Non faltes! Ven celebrar con nós esta festa da lectura, onde os libros florecen e fan florecer a nosa cultura.
PROGRAMA DO XOVES, DÍA 14 DE MAIO
Carpa de actividades:
- Ás 17:45 h > Actuación musical a cargo das Cantareiras Fonteliño
- Ás 18:00 h > Acto inaugural da Feira do Libro do Porriño, pregón a cargo da Libraría Paz
Casetas librarías:
- Ás 17:00 h > Ariel Lois asina Caperucita Roja, el bosque te necesita na caseta da libraría Paz
- Ás 17:00 h > Silvia de Pablos asina El aquelarre de Sálvora na caseta da libraría Porto 17:30 Samuel Ferro asina a súa obra na caseta da libraría Boulevar
- Ás 18:00 h > Manuel Esteban asina A lei do mar na caseta da libraría Bahia Ribadeo
PROGRAMA DO VENRES, DÍA 15 DE MAIO
Carpa de actividades:
- Ás 11:00 h > Contos que curan: un proyecto de biblioterapia infantil da Biblioteca do Porriño
- Ás 12:00 h > Contos que curan: un proyecto de biblioterapia infantil da Biblioteca do Porriño
- Ás 17:30 h > Espectáculo familiar: Os Xogos do Paporrubio, xogos para toda a familia
- Ás 19:30 h > Abril Camino presenta Mulleres que viven xuntas acompañada por Adela Touriñán D. (@mazadahorta)
Casetas librarías:
- Ás 11:00 h > Juan Abalde asina Las cuevas de Sóliman na caseta da libraría Porto
- Ás 11:00 h > Amara Castro Cid asina Hasta siempre Malena Giestal na caseta da libraría Paz 17:00 Isabel Porto asina ¿Quién robó el tiempo? na caseta da libraría Porto
- Ás 17:00 h > Amara Castro Cid asina Hasta siempre Malena Giestal na caseta da libraría Paz
- Ás 17:00 h > Carmen Pereiro Oliveira asina En aquellas calles dibujé mis pasos na caseta da libraría Paz
- Ás 18:00 h > Samuel Ferro asina Tierra de Leyenda III na caseta da libraría Copi-Rey
- Ás 19:00 h > Raquel Castro asina Bonecas na caseta da libraría Porto
PROGRAMA DO SÁBADO, DÍA 16 DE MAIO
Carpa de actividades:
- Ás 17:30 h > Teatro para familias. Pablísimo representa Contiario. No Contiario collen todo tipo de contos: contos que empezan ao revés, contos con moitos finais, contos de nunca rematar, fábulas, cantares de cego, contos minúsculos, adiviñas, contoscanción… presten atención e cando conte contos conten cantos contos conto!!
- Ás 19:00 h > Obradoiro Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia sen que talvez o saibas con David Rodríguez
Casetas librarías:
- Ás 11:00 h > Alba López asina Nándinor 3 na caseta da libraría Porto
- Ás 11:00 h > Rubén de Marína asina Baires. Con la piel tersa na caseta da libraría Paz 11:00 Samuel Merino asina a súa obra na caseta da libraría Boulevar
- Ás 12:00 h > Samuel Ferro asina A queimada das ánimas na caseta da libraría Uróboros
- Ás 12:00 h > Noelia Samartín asina Has venido a vivir na caseta da libraría Copi-Rey
- Ás 17:00 h > Samuel Ferro asina Tierra de leyenda III na caseta da libraría Porto
- Ás 17:00 h > Carmen Pereiro Oliveira asina En aquellas calles dibujé mis pasos na caseta da libraría Paz
- Ás 17:30 h > Lisi da Silva asina Rotas y Valientes na caseta da libraría Copi-Rey
PROGRAMA DO DOMINGO, DÍA 17 DE MAIO
Carpa de actividades:
- Ás 17:30 h > Teatro para familias. Pedras de cartón representa a obra Alicia. Un espectáculo pensado para gozar en familia, que convida a rir, sorprenderse e deixar voar a imaxinación
- Ás 18:30 h > Ler o que les (lecturas compartidas) con Lucía Aldao, Silvia Penas e Samuel Merino
Casetas librarías:
- Ás 11:00 h > María Olga Alonso Alonso asina Amaranta na cesta da libraría Paz
- Ás 12:00 h > Carlos Gabriel Fernández asina 50 lugares sagrados de Galicia na caseta da libraría Uróboros
- Ás 12:00 h > Andrea Martínez Baladrón asina Tres abrazos de despedida na caseta da libraría Copi-Rey
- Ás 12:00 h > Alba Formoso Ramos asina Entre incienso y recuerdos na caseta da libraría Porto
- Ás 17:00 h > Andrea Baladrón asina Tres abrazos de despedida na caseta da libraría Porto
- Ás 18:00 h > Alba López Geada asina Nándinor Vol. 3 na caseta da libraría Copi-Rey
LIBRARÍAS PARCITIPANTES
Boulevar libraría Edicións, Libraría Bahía Ribadeo, Libraría Cartabón, Libraría Copi-Rey, Libraría Pedreira, Librería Paz, Librería Porto e Librería Uróboros.
Descarga o programa da Feira do Libro do Porriño



