I Festa de Exaltación do Pan do Porriño


Ver programación da I Festa de Exaltación do Pan do Porriño por días:

[VENRES 3]     [SÁBADO 4]


SÁBADO, DÍA 4 DE XUÑO

Apertura dos stands de pan e productos convidados

| Sábado, 4 de xuño. 2016
| Ás 10:30 h.
Barrio de San Benito » ver mapa

Panaderías:
Amaquía, La Estrella, Erundina, Chinchina, Argibay, Troca, Torneiros e Progreso.

Stands de produtos convidados:
Lamprea (Obrador de Lamprea), Mermeladas (Os do Sabugueiro), Requesón e queixos (Cooperativa Requesón As Neves), Mel (API-ROMA), Embutidos (Embutidos Raposo), Xamón (Industrias Frigoríficas del Louro), Chocolates (Grupo DONOSO), e Viño (Bodegas Eidosela).


Animación de rúa

| Sábado, 4 de xuño. 2016
| Ás 11:00 h.
Barrio de San Benito » ver mapa

Asociación Cultural A Forna de Budiño e Asociación Veciñal San Salvador de Torneiros.


Pregón da I Festa de Exaltación do Pan do Porriño

| Sábado, 4 de xuño. 2016
| Ás 12:00 h.
Barrio de San Benito » ver mapa

Pregón a cargo do porriñés Abel Gallego.


Maridaxes e Show Cooking

| Sábado, 4 de xuño. 2016
| Ás 12:30 h.
Barrio de San Benito » ver mapa

Maridaxes – Show Cooking en aberto “O Pan do Porriño e as súas posibilidades culinarias” a cargo do Chef Esteban Cidanes (Restaurante Esteban) que presentará 4 preparacións con base de Pan do Porriño.


Obradoiro Mini Pan

| Sábado, 4 de xuño. 2016
| Ás 17:00 h.
Barrio de San Benito » ver mapa

“Mini Pan”. Obradoiro para nenos e nenas de cómo facer pan.


Conferencia. O Pan e a dieta

| Sábado, 4 de xuño. 2016
| Ás 18:30 h.
Barrio de San Benito » ver mapa

Conferencia “O pan e a dieta: consellos nutricionais sobor do pan” , a cargo de Patricia Beiro, experta nutrinionista e Vicepresidenta da Asociación Galega de Dietistas e Nutricionistas.


Teatro. Pan! Pan! [ + info ]

ACTUALIZACIÓN:
| Sábado, 4 de xuño. 2016
| Ás 20:00 h.
Praza de San Sebastián » ver mapa

Unha obra da compañía A panadaría.
PAN!PAN! é unha parodia, con música vocal en directo, dos westerns americanos. Conta a historia de Harry, un cowboy que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que roubou á súa muller, da que está profundamente namorado.

En escena, tres actrices constrúen 8 personaxes, 5 espazos e toda a música do espectáculo axudadas só por unha bandeira dos EEUU. A comedia fai unha caricatura dese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais!


Organiza: ACIPOR. Patrocina: Concello do Porriño
Máis información sobre o Pan do Porriño, no seu blogue » ligazón externa


Ver: Festa de Exaltación do Pan do Porriño »  |  Ver día:  venres 3 »


[ SUBIR ]


cropped-CABECERA-WEB-ECULTURA.png