| Días 23, 24 e 25 de agosto. 2024
| Barrio de San Sebastián » ver mapa
Organiza: Comisión de Festas de San Sebastián en colaboración co Concello do Porriño
O Porriño celebra unha das súas festas tradicionais, as Festas na honra de San Sebastián. Este céntrico barrio porriñés festexa ao seu patrón con tres xornadas repletas de actividades organizadas pola Comisión de Festas de San Sebastián, en colaboración co Concello do Porriño.
O venres 23, o “Porriño antigo” descubrirase cunha nova edición da exposición fotográfica na Capela de San Sebastián. A mostra inaugurarase o venres 23 e permanecerá aberta ao público ata o día 1 de setembro. Esa mesma noite, a do venres 23 poderemos gozar ca música de A Roda, ás 22:30 h.
O sábado, a partir das 17:30 h, festa infantil con inchables e festa da escuma. Ás 19:00 h empezará a animación de rúa e a partir das 20:00 h a tradicional Gran Sardiñada a precios populares para que todo o mundo poida participar.
O domingo será o día grande. Ás 12 h celebrarase a misa na Igrexa Parroquial de Sta. María, seguida da procesión ata a capela acompañada polo grupo de gaitas San Xurxo de Mosende. Ao rematar, levarase a cabo a subasta e unha degustación de rosca e bebida. Ás 21:00 h a animación correrá a cargo do grupo The Turres Band e rematará a festa coa queima da fachada, ás 23:00 h.