| Días 22, 23 e 24 de agosto. 2025
| Barrio de San Sebastián » ver mapa

Organiza: Comisión de Festas de San Sebastián en colaboración co Concello do Porriño
O Porriño celebra unha das súas festas tradicionais, as Festas na honra de San Sebastián. Este céntrico barrio porriñés festexa ao seu patrón con tres xornadas repletas de actividades organizadas pola Comisión de Festas de San Sebastián, en colaboración co Concello do Porriño.
O venres 22, o “Porriño antigo” descubrirase cunha nova edición da exposición fotográfica na Capela de San Sebastián. A mostra inaugurarase o xoves 14 e permanecerá aberta ao público ata o día 31 de agosto.
O sábado, a partir das 17:30 h, festa infantil con inchables e festa da escuma. Ás 19:00 h empezará a animación de rúa e a partir das 20:00 h a tradicional Gran Sardiñada a precios populares para que todo o mundo poida participar. Esa mesma noite, a do sábado 23, poderemos gozar coa música de Emilio Rúa, co seu concerto “25 aniversario”, ás 22:00 h na praza de San Sebastián [+ info].
O domingo ás 12:00 h celebrarase a misa na Igrexa Parroquial de Sta. María, seguida da procesión ata a capela de San Sebastián. Ao rematar, levarase a cabo a subasta e unha degustación de rosca e bebida. A festa rematará coa queima da fachada, ás 23:00 h.

