Festa de San Sebastián 2026

| Días 22 e 23 de agosto. 2026
Barrio de San Sebastián » ver mapa

Festa de San Sebastián 2026

Organiza: Comisión de Festas de San Sebastián en colaboración co Concello do Porriño


O Porriño celebra unha das súas festas tradicionais, as Festas na honra de San Sebastián. Este céntrico barrio porriñés festexa ao seu patrón con tres xornadas repletas de actividades organizadas pola Comisión de Festas de San Sebastián, en colaboración co Concello do Porriño.

Unha nova edición da exposición de fotografía antiga sobre O Porriño terá lugar na Capela de San Sebastián. A mostra inaugurarase o sábado 22 e permanecerá aberta ao público ata o domingo 23 de agosto.

O sábado, a partir das 17:30 h, festa infantil con inchables e festa da escuma. Ás 19:00 h empezará a animación de rúa e a partir das 20:00 h a tradicional Gran Sardiñada a precios populares para que todo o mundo poida participar.

O domingo ás 12:00 h celebrarase a misa na Igrexa Parroquial de Sta. María, seguida da procesión ata a capela de San Sebastián, co acompañamento de Os Zoqueiros. Ao rematar, levarase a cabo a subasta e unha degustación de rosca e bebida. Ás 20:30 h a animación estará a cargo da Charanga Noroeste e a festa rematará coa queima da fachada, ás 23:00 h.


Festa de San Sebastián 2026


Cabecera-web-ecultura.png