| Sábado 5 de outubro. 2024
| A partir das 12:00
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
O sábado 5 de outubro, O Porriño prepárase para recibir a peregrinos e turistas nunha celebración única: a Festa do Peregrino e do Turista. Cun programa cheo de actividades, a festa desenvolverase na emblemática praza Arquitecto Antonio Palacios e estenderase por todo o centro urbano, convertendo a vila no perfecto escaparate da cultura e a tradición galega.
A xornada comezará ás 12:00 h cun divertido photocall do Camiño de Santiago, onde todos os asistentes poderán inmortalizar o seu paso por este máxico roteiro.
Ás 16:30 h, os visitantes terán a oportunidade de participar nos roteiros guiados Antonio Palacios, que se levarán a cabo en seis quendas de 35 persoas cada unha, saíndo cada media hora desde a Botica Nova. Destacar que a inscrición será por orde de chegada.
A partir das 17:00 h, a praza encherase de vida con obradoiros participativos dirixidos a turistas, onde poderán aprender sobre o rico patrimonio cultural de Galicia. Haberá un obradoiro de baile tradicional galego e outro de música e canto tradicional, perfectos para aqueles que desexen mergullarse nos nosos costumes.
A festa culminará ás 20:30 h coa actuación na praza de Pan Sen Fron , que promete facer vibrar a todos os asistentes coa súa música. A continuación, sesión con Dj Mus.
Desde o Concello do Porriño lembramos que o turismo é un piar fundamental para o desenvolvemento do municipio, e en especial, o turismo internacional que percorre o Camiño de Santiago.
Programación da Festa do peregrino e o Turista
- Ás 12:00 h: Photocall Camiño de Santiago
- Ás 16:30 h: Rutas guiadas Antonio Palacios
6 quendas de 35 persoas, por orde de chegada. Saídas dende a Botica Nova, cada media hora - Ás 17:00 h: Obradoiros de participación para o turista
Obradoiro de baile tradicional e obradoiro de música e canto tradicional - Ás 20:30 h: Concerto: Pan.Sen.Fron
- A continuación: DJ Mus