Festa dos Cachos 2023

Actualización: nova incorporación ao programa

| Domingo 14 de maio. 2023
| A partir das 12:00 h.
| Barrio do Cristo dos Cachos » ver mapa

Festa dos Cachos 2023

Organiza: AA.VV. San Benito e San Sebastián
Colabora: Concello do Porriño


A historia vén de lonxe, remóntase á resistencia porriñesa para evitar a entrada dos franceses na vila. Para conmemorar aquel momento histórico levantouse un cruceiro en Porriño e, ao redor del, foi crecendo un barrio que se converteu nun dos máis emblemáticos da localidade.

Honrando ao Cristo dos Afligidos comezou a celebración dunha festa en maio e aos elementos relixiosos fóronse sumando outras actividades de lecer, entre elas, a parte gastronómica coas centolas como protagonistas; un marisco que aquí chamamos “cachos” como se coñece desde entón ao propio barrio.

Esta festa foi gañando fama nos arredores, con todo, a principios dos 80 fóronse perdendo seguidores, ata desaparecer. Hai uns anos, e grazas ao apoio da Administración, os veciños  recuperárona e para que non volva desaparecer, edición tras edición, esfórzanse por ter unha programación máis atractiva. Colabora o Concello do Porriño e organízana a AA.VV. San Benito e San Sebastián, asegurando a súa continuidade.


Festa dos Cachos 2023


Cabecera-web-ecultura.png