| Do 1 ao 3 de maio. 2026
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Mostra dos Maios das asociacións culturais, asociacións veciñais e colexios do Porriño
Os Maios é o nome da festa popular galega que forma parte do chamado ciclo de maio, época de exaltación da natureza ao comezo da primavera, cuxos orixes se remontan ás civilizacións prerromanas.
Adóitase celebrar a principios de maio. Durante as festividades realízanse representacións, bailes e cantos ao redor dos maios, unhas estruturas tradicionalmente inspiradas en figuras de árbores pero que adoptan na actualidade formas máis variadas, con adornos de flores, follas e froitos.
Un ano máis, a Concellería de Educación e a OMIX do Concello do Porriño colabora na organización desta actividade, contando coa colaboración do alumnado dos centros educativos CEIPP Antonbio palacios, CEIPP da Ribeira, CEIPP Xosé Fernández López, CEIPP de Atios, CPR Hermanos Quiroga e CPR Santo Tomas. Alumnas/os de cada centro educativo elaboran o seu Maio , sendo un total de 6 os traballos finais.
