Festa Pre Fin de Ano 2019

| Luns 30 de decembro. 2019
| Ás 22:30 h.
Carpa do Roxy e Praza Arquitecto Antonio Palacios

Festa Pre Fin de Ano 2019

Un ano máis, O Porriño despedirá o ano por adiantado, unha cita xa convertida en tradición na Louriña. Este ano a cita estará amenizada polo espectáculo drag queen Cristian e polo Grupo América.

A cita arrincará o luns 30 de decembro, ao redor das 22:30 h., agardando ás 00:00 h. para festexar as doce badaladas, 24 horas antes de que remate o ano.


Drag Queen Cristian

Frívolo, divertido e máxico, así é Cristian, o drag queen con máis xeito de Galiza. Unha peza crave nas últimas festas pre fin de ano no Porriño, nesta ocasión tampouco podería faltar.

Cristian Samil. Festas do Cristo 2017. O Porriño


Grupo América

Grupo América

O grupo América foi fundado en 1976 na cidade de Vigo. Entón formábano cinco compoñentes, que xa marcaban un estilo diferente fronte aos grupos que entón estaban en activo en Galicia, pois no seu repertorio predomina o rock e o que entón se chamaba música electrónica e máis tarde foi denominado tecno-pop.

O seu repertorio está baseado en música pop e rock, que en orixe podería resultar máis atractivo a un público novo pero con 38 anos de historia e de repertorio, contan na súa bagaxe cancións para contentar a todas as idades e a todo tipo de públicos. Fan 110 galas de media ao ano e o seu ámbito de traballo é o noroeste: Galicia, Asturias, Cantabria e Castela-León.

Clásicos no que ao pop e rock refírese, pero tamén modernos no repertorio, adaptados ao gusto actual e cun respaldo técnico acorde co traballo que desenvolven desde o escenario robotizado móbil que levan a todas as súas actuacións.

Contemporáneos de Freddy Mercury ou de David Gilmore e de tantos outros xigantes do rock, América é puro rock que se move por Galicia desde Vigo.


Grupo América


Cabecera-web-ecultura.png