| Luns 30 de decembro. 2024
| A partir das 11:00 h (infantil) e a partir das 19:00 h
| Rúa Domingo Bueno » ver mapa A festa infantil trasládase a praza Arquitecto Antonio Palacios
O Porriño prepárase para despedir o 2024 por anticipado. Un ano máis, o Concello, pioneiro neste evento, organiza unha xornada, a deste luns 30 de decembro, cunha chea de actividades para todas as idades.
A festa arrancará xa pola mañá. Ás 11.00 horas dará comezo a Festa infantil na que os máis pequenos serán protagonistas e terán o seu propio pre fin de ano con actividades, animación e pasarrúas de personaxes infantís. Uxía Lambona e a banda molona, será a encargada de continuar a festa tras as badaladas que soarán ás 12 do mediodía.
Ao redor das 19.00 horas iniciarase a festa grande co pasarrúas das tres rondallas locais, a rondallas de Pontellas, Santa Eulalia de Atios e Santa María, que desfilarán polas rúas da vila. A continuación, sobre as 22.00 horas, dará comezo a actuación da orquestra El Combo Dominicano e a medianoite volverán soar as doce badaladas, da man da xornalista local, Raquel Atanes, e Juan Fuentes, presentadores do programa “Quen anda aí?” da TVG.
Haberá uvas, cotillón e chocolate gratuíto para todos os asistentes e unha sesión dj que promete pechar a noite ao grande.