| Martes 30 de decembro. 2025
| A partir das 11:00 h
| Carpa do Parque do Cristo e rúa Domingo Bueno

O Porriño despedirá o 2025 como xa é costume desde hai uns anos, de forma anticipada cunha gran xornada festiva á que todos os veciños están convidados así como tamén todos os visitantes de concellos e localidades veciñas que queiran sumarse. A cita, o martes 30 de decembro, para gozar a lume de biqueira. Trátase dunha festa xa consolidada no calendario cultural e de lecer, organizada polo propio Concello e pensada para todos os públicos.
As actividades empezarán pola mañá, ás 11:00 h na carpa do Parque do Cristo, con obradoiros de chapas e adornos de madeira para os máis pequenos. Animación a cargo de As Maimiñas desde as 11:30 h, ás 12:00 tomámonos as uvas ao ritmo das badaladas con As Maimiñas e a continuación, Xeración M acompañaranos co seu espectáculo musical.
E pola tarde, a partir dás 19:00 horas, o Pasarrúas da Rondalla Santa María do Porriño, a Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios e a Rondalla Cultural Musical de Pontellas, percorrendo o centro urbano, enchendo O Porriño de música tradicional e espírito festivo.
A celebración central do 30 de decembro, comezará ás 20:30h, cunha gran festa de ‘Pre-fin de Ano’ na rúa Domingo Bueno, con actuacións musicais, reparto de uvas, cotillón e chocolate, todo gratis para os asistentes.
A sesión DJ a cargo de Dumore, inaugurará a festa ás 20:30 h, logo será a quenda da Orquestra París de Noia, ao redor das 22:00 h.
Xa a medianoite chegarán as 12 badaladas, e ao redor das 1:00 h a sesión DJ a cargo de Groove Amigos.
Dende o Concello convidamos á veciñanza, e tamén a todas as persoas que se acheguen dende fóra, a participar nesta celebración colectiva coa que festexamos, de xeito anticipado, o remate do ano 2025 e a benvida ao novo ano 2026.
Programación
- A partir das 11:00 h: Festa Pre-Fin de Ano infantil con obradoiros e animación a cargo de As Maimiñas
- A partir das 12:00 h: As doce badaladas infantís e a actuación do grupo Xeración M
- A partir das 19:00 h: Pasarrúas das rondallas
- A partir das 20:30 h: Sesión DJ a cargo de Dumore
- A partir das 22:00 h: Orquestra París de Noia
- Ás 00:00 h: As doce badaladas, con reparto de uvas, cotillón e chocolate, todo gratis para os asistentes
- A partir das 01:00 h: Sesión DJ a cargo de Groove Amigos

