| Mércores 10 e xoves 11 de xullo. 2024
| Barrio de San Bieito » ver mapa
O Concello do Porriño celebra os días 10 e 11 de xullo unha das súas festas patronais: a Festa de San Bieito.
A programación comezará o mércores día 10 de xullo a partir das 20.30 h na praza de San Sebastián coas actuacións do Trio Azar e a Orquesta Capitol. De seguido, sobre a media noite, darase paso a música DJ co Mano de Santo DJ Festival, a gran novidade deste ano. A sesión DJ contará coa participación de Selecta, un dos productores clave da escea urbana nacional, Groove Amigos, e o un contra un -B2B- entre Samu Pexe e Pitty.
O xoves día 11, propio día de San Bieito, celebraranse misas na Capela ás 9:00 e 10:00 h. A misa solemne as 12:00 h na Igrexa Santa María, coa participación da Coral da Escola Municipal de Música, seguida da Procesión, acompañada pola Banda Municipal de Música. Ao finalizar, a Banda dará un concerto no barrio de San Bieito e terá lugar unha subasta benéfica para a AECC do Porriño.
Xa pola tarde, a partir das 19:30 h, actuará a banda de gaitas Os Zoqueiros. Ás 20:00 h terá lugar outra misa na igrexa de Santa María. E a velada continuará coa actuación ás 21:30 h da Orquesta Tango para rematar co DJ Khris Guez.
FESTAS DE SAN BIEITO 2024
Verbena: Trio Azar e Orquestra Capitol
Mércores 10 de xullo • A partir das 20:30 h • Barrio de San Bieito
Mano de Santo Dj Festival
Mércores 10 de xullo • A partir das 23:59 h • Barrio de San Bieito
Misa solemne na Igrexa de Santa María, amenizada pola Coral da Escola Municipal de Música do Porriño
Xoves 11 de xullo • Ás 12:00 h • Igrexa de Santa María
Procesión acompañada pola Banda de Música da Escola Municipal de Música do Porriño
Xoves 11 de xullo • Logo da Misa solemne
Concerto da Banda de Música da Escola Municipal de Música do Porriño
Xoves 11 de xullo • Logo da procesión • Barrio de San Bieito
Subasta benéfica
Xoves 11 de xullo • Ao mediodía • Barrio de San Bieito
Actuación de Os Zoqueiros
Xoves 11 de xullo • A partir das 19:30 h • Barrio de San Bieito
Verbena: Orquesta Tango e DJ Khris Guez
Xoves 11 de xullo • A partir das 21:30 h • Barrio de San Bieito
Actos relixiosos na honra de San Bieito
- Do 2 ao 9 de xullo: Novena ás 9:00 h na Capela de San Bieito e ás 20:00 h na Igrexa de Santa María.
- Mércores 10 de xullo: Misa ás 9:00 h na Capela de San Bieito e ás 20:00 h na Igrexa de Santa María.
- Xoves 11 de xullo:
Ás 9:00 e ás 10:00 h: Misa na Capela de San Bieito.
Ás 12:00 h: Misa solemne na Igrexa de Santa María, amenizada pola Coral da Escola Municipal de Música do Porriño.
Logo da Misa solemne: Procesión acompañada pola Banda de Música da Escola Municipal de Música do Porriño.
Ás 20:00 h: Misa na Igrexa de Santa María.