Festas de San Sebastián 2022

| Do 26 ao 28 de agosto. 2022
Barrio de San Sebastián » ver mapa

Festas de San Sebastián 2022

O Porriño celebra unha das súas festas tradicionais, as Festas na Honra de San Sebastián. Como preludio das Festas do Cristo este céntrico barrio porriñés festexa ao seu patrón con tres xornadas repletas de actividades organizadas pola Comisión de Festas de San Sebastián, en colaboración co Concello do Porriño.

O venres, o “Porriño antigo” descubrirase cunha nova edición da exposición fotográfica na Capela de San Sebastián. A mostra inaugurarase ás 21:30 horas do venres e permanecerá aberta ao público ata o día 2 de setembro. Esa mesma noite proxectaranse as fotos na praza Fidenciano Palacín, ás 22:30 h.

O sábado, a partir das 20:30 h, a tradicional Gran Sardiñada a precios populares para que todo o mundo poida participar (2,5 euros a ración de sardiñas, pan e bebida).

O domingo será o día grande. Ás 12 h celebrarase a misa na Igrexa Parroquial de Sta. María, seguida da procesión ata a capela acompañada por un grupo de gaitas. Ao rematar, levarase a cabo a subasta e unha degustación de rosca e bebida.

Cabe destacar que, por motivos de seguridade e atendendo á situación de prealerta por seca e alto risco de incendios, quedan suspendidas a festa da escuma e a queima da fachada.


VENRES 26 DE AGOSTO
  • Inauguración exposición fotografía do Porriño Antigo
    > Ás 21:30 h. | Capela de San Sebastián | Aberta desde o 22 de agosto ata o 2 de setembro
  • Proxección de fotos
    > Ás 22:30 h. | Praza Fidenciano Palacín

SÁBADO 27 DE AGOSTO
  • Animación musical a cargo de X Quatro
    > A partir das 20:00 h. | Praza de San Sebastián
  • XVI Gran Sardiñada
    > Ás 20:30 h. | Praza de San Sebastián

DOMINGO 28 DE AGOSTO
  • Misa na Igrexa de Santa María
    > Ás 12:00 h.
    > Seguida da procesión ata a Capela de San Sebastián acompañada por grupo de gaitas.
    > Ao seu remate levaráse a cabo a tradicional subasta para rematar coa degustación de rosca e bebida.
  • ACTUALIZACIÓN: EVENTO SUSPENDIDO Festa da escuma
    > Ás 19:00 h. | Praza de San Sebastián
  • Animación a cargo de X Quatro
    > A partir das 21:30 h. | Praza de San Sebastián
  • ACTUALIZACIÓN: EVENTO SUSPENDIDO Queima da fachada
    Ás 23:00 h. | Capela de San Sebastián


Festas de San Sebastián 2022

Documental Barrios de Orixe


Cabecera-web-ecultura.png