| Días 25, 26 e 27 de agosto. 2023
| Barrio de San Sebastián » ver mapa
O Porriño celebra unha das súas festas tradicionais, as Festas na Honra de San Sebastián. Este céntrico barrio porriñés festexa ao seu patrón con tres xornadas repletas de actividades organizadas pola Comisión de Festas de San Sebastián, en colaboración co Concello do Porriño.
O venres 25, o “Porriño antigo” descubrirase cunha nova edición da exposición fotográfica na Capela de San Sebastián. A mostra inaugurarase ás 22:00 horas do venres e permanecerá aberta ao público ata o día 3 de setembro. Esa mesma noite, a do venres 25, proxectaranse as fotos na praza Fidenciano Palacín.
O sábado, a partir das 17:30 h, festa infantil con inchables e festa da escuma. Ás 19:00 h empezará a animación de rúa e a partir das 20:00 h a tradicional Gran Sardiñada a precios populares para que todo o mundo poida participar.
O domingo será o día grande. Ás 12 h celebrarase a misa na Igrexa Parroquial de Sta. María, seguida da procesión ata a capela acompañada polo grupo de gaitas Os Penediños. Ao rematar, levarase a cabo a subasta e unha degustación de rosca e bebida. Ás 21:00 h a animación correrá a cargo do grupo The Turres Band e rematará a festa coa queima da fachada, ás 23:00 h.
VENRES 25 DE AGOSTO
- Inauguración exposición fotografía do Porriño Antigo
> Ás 22:00 h. | Capela de San Sebastián | Aberta desde o 25 de agosto ata o 3 de setembro - Proxección de fotos
> Praza Fidenciano Palacín
SÁBADO 26 DE AGOSTO
- Festa infantil con inchables e festa da escuma
> A partir das 17:30 h. | Praza de San Sebastián - Animación musical a cargo de X Quatro
> A partir das 19:00 h. | Praza de San Sebastián - XVII Gran Sardiñada
> Ás 20:00 h. | Praza de San Sebastián
DOMINGO 27 DE AGOSTO
- Misa na Igrexa de Santa María
> Ás 12:00 h.
> Seguida da procesión ata a Capela de San Sebastián acompañada polo grupo de gaitas Os Penediños.
> Ao seu remate levaráse a cabo a tradicional subasta para rematar coa degustación de rosca e bebida. - Animación co grupo The Turres Band
> Ás 21:00 h. | Praza de San Sebastián - Queima da fachada
> Ás 23:00 h. | Capela de San Sebastián