Festival de Corais polo Día das Letras Galegas 2025

| Sábado 17 de maio. 2025
| ÁS 20:00 h
| Igrexa Parroquial San Rosendo de Torneiros » ver mapa

Festival de Corais polo Día das Letras Galegas 2025

O Día das Letras Galegas 2025 dedícaselle este ano ás cantareiras e á poesía popular oral, unha candidatura múltiple representativa “das moitas persoas, sobre todo mulleres, que por toda Galicia coidaron, arrequentaron e transmitiron unha tradición centenaria que segue a deixar pegada nas novas xeracións”, afirman dende a Real Academia Galega.

A candidatura concéntrase en sete mulleres que, ao longo da historia, formaron parte do folclore musical galego: as irmás Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía); Teresa García Prieto, Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e mais Manuela Lema Villar –as catro últimas integrantes das Pandereteiras de Mens (Malpica de Bergantiños).

Así mesmo, esta candidatura “refírese tamén ás xeracións de intérpretes e creadores actuais que demostran que na propia esencia da poesía popular oral está evolucionar e cambiar”. Desde os que recolleron cantigas directamente nas aldeas ata os artistas máis modernos que mesturan a música moderna coas letras e ritmos das cantigas populares de tradición oral.

O Concello do Porriño aposta tamén por esta conxunción musical para celebrar a cultura galega o vindeiro 17 de maio, cun festival de corais e co concerto do artista BREO (+ INFO).


Festival de Corais

  • Coral Polifónica San Blas de Budiño
  • Coral Máxico Gorki Vigo
  • Coral Alameda do Fogar Pontevedra


Cabecera-web-ecultura.png