Festival de outono no torreiro da Guía

| Días 23 e 24 de outubro. 2021
| Dende ás 19:00 h. o sábado e dende ás 11:30 h. o domingo
Torreiro da Guía » ver mapa

Festival de outono no torreiro da Guía

Organiza: Asociación Cultural Os Penediños de Atios
Colabora: Concello do Porriño e Deputación de Pontevedra


Dous días con concertos e actividades para o desfrute no torreiro da Guía, Atios.

O sábado 23, ás 19:00 h. haberá un obradoiro de bailes diversos para xente diversa no centro cultural. Todo o mundo será benvido e poderá ser particípe. Impartido por Gabi Reboredo e amenizado por Martiño Malleiro.

Ás 21:00 h. no torreiro, darán comezo os concertos, coa seguinte orde de actuación:

  • Paraiso Canto
  • As Cantigas de Elena
  • Pédëpôtè

O Domingo 24, no torreiro e a partir das 11:30 h., actuación dos grupos:

  • A Barca de Loimil
  • Os Penediños

Haberá carpa por se o tempo non acompaña.


Festival de outono no torreiro da Guía


Cabecera-web-ecultura.png