| 25 de xullo. 2017
| Ás 21:30 h.
| Praza Arq. Antonio Palacios » ver mapa, en caso de choiva no Pavillón Municipal dos Deportes
- Ensemble Folk ZORNITSA —> de Bulgaria
- Banda de folk e baile LÓDZ —> de Polonia
- Ameniza: Asoc. Cultural Os Penediños de Atios
Ensemble Folk ZORNITSA, de Bulgaria
Folklore ensemble “Zornica” de Ruse – Bulgaria, é un grupo de mozos entusiastas dedicados a promover, preservar, divertirse e compartir a cultura tradicional e a música e danzas populares de Bulgaria. Fundada en 1968 como unha escola de música para nenos onde poderían aprender a tocar instrumentos tradicionais de folclore búlgaro. Un ano despois, en 1969, formáronse un coro e un grupo de baile. Isto deu orixe aos primeiros conxuntos de nenos e mozos para cancións e danzas folclóricas en Ruse e na rexión. A través dos anos o ensemble “Zornica” gañou moita experiencia no escenario. Desde 1995 forma parte do Centro Municipal de Arte e Cultura Infantil – Ruse, Bulgaria.
O repertorio inclúe composicións musicais e de baile de todas as rexións de Bulgaria. Algunhas das danzas representan varios costumes e tradicións búlgaras cunha grande variedade de traxes.
O conxunto folclórico “Zornica” foi laureado varias veces no seu país como “Grupo Representativo”. Participou en Festivais Internacionais en : Polonia, República Checa, Rusia e en xeral por toda Europa.
Banda de folk e baile LÓDZ, de Polonia
A banda de folk e baile LÓDZ foi fundada en 1983 e desenvolve a súa actividade dentro do Centro Cultural Xuvenil, sempre estendendo o seu repertorio que consiste en danzas nacionais de diversas rexións de Polonia.
O principal obxectivo do grupo é o de popularizar a beleza da cultura polaca por todo o mundo. Ademais de ser quen e representar dúas horas de programa incluíndo enerxéticas danzas de case tódalas rexións de Polonia.
Mocidade con fermosa vestimenta, composicións orixinais e interesantes, cancións meigas que teñen sido admiradas polo público en Bulgaria, Bélxica, Francia, España, Portugal, Rusia, Xeorxia, Alemaña, Italia, Turquía, Israel, Grecia, Exipto, Hungría, Chipre, Sardeña etc.
Ademais LODZ é membro asociado á sección polaca no Consello Internacional de Organizacións de Festivais de Folclore e das Artes Tradicionais (C.I.O.F.F.). Pola súa longa traxectoria chea de éxitos e actividades LODZ recibiu a insignia ó mérito da cidade de Lodz, concedida polo concello.
Durante moitas viaxes, excepto actuacións de canto, o grupo participou en festivais nacionais de folclore onde acadou varios premios e galardóns.
O grupo foi sempre benvido e fortemente aplaudido pola audiencia alá onde foi. Grazas ao feito de que o seu repertorio está en continua e dinámica expansión, o grupo é moi recoñecido tanto por audiencias polacas como internacionais. Cancións, danzas e costumes presentadas pola banda LODZ no escenario describen a beleza e diversidade das diferentes rexións de Polonia en intensas cores dun xeito enerxético. Amosan tamén o xenuíno da arte da vestimenta folclórica polaca.
Ameniza: Asoc. Cultural Os Penediños de Atios
A Asociación Cultural “Os Penediños” fundouse en 1983 na parroquia porriñesa de Atios. Inicialmente como grupo de gaitas e baile, ampliou posteriormente a súa actividade a distintas manifestacións culturais e musicais.
O grupo tradicional chegou a contar, nos seus mellores momentos, con oito gaiteiros, catro tamborileiros e un bombeiro, na parte musical; e oito parellas de adultos, oito do grupo de medianos e dez de pequenos no grupo de baile tradicional.
Con este grupo tivo actuacións en Madrid, con motivo da festa Estremeña, dous anos consecutivos; en Asturias, na celebración do Día de Galicia en Zaragoza, por toda Galicia e no noso país veciño, onde participou en varios festivais folclóricos e acompañou diversas celebracións en Barcelinhos ou Viana do Castelo.
Despois duns anos de pouca actividade nos que o grupo foi esmorecendo, agora mesmo está en pleno rexurdir e conta cun grupo de gaiteiros e percusión e dous grupos de baile, un de pequenos e pequenas de 5 a 12 anos, e outro de maiores dos 13 anos en diante. Na actualidade é a única agrupación do Porriño que conta con grupo de baile tradicional, e nos últimos anos ten celebrado festivais de folclore aos que convidou diferentes grupos da comarca e do veciño Portugal.
Actualmente a dirección musical está a cargo de Óscar Álvarez Veiga no grupo de gaitas e Alejandro Gómez no grupo de cantareiras; os grupos de baile están dirixido por Javier Alonso “Chisco.