Festival Love Dance

ACTUALIZACIÓN: nova data e localización

| Domingo 11 de maio. 2025 (nova data)
|
Ás 18:30 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios Praza do Cristo » ver mapa

Festival Love Dance

Celebración do Día Internacional da Danza 2025. Colabora: Studio 57


En 1982, por iniciativa do Comité Internacional de Danza, foi proclamado pola UNESCO o 29 de abril como Día Internacional da Danza. A data escollida corresponde ao nacemento do bailarín e coreógrafo Jean-Georges Noverre.

O Concello de Porriño, en colaboración con Studio 57, celebrará esta efeméride o domingo 11 de maio (nova data) con exhibicións, animacións e un mini baile social.


JEAN-GEORGES NOVERRE

Foi un bailarín francés que naceu o 29 de abril de 1727. Noverre, foi un gran bailarín e escritor, deixou numerosas coreografías e publicacións relacionadas coa práctica e a teoría do ballet, de aí que sexa considerado o creador do ballet moderno.

Debutou ante a corte de Luís XV en Fontainebleau en 1742, logo sería invitado polo príncipe de Prusia a Berlín. Ao regresar a París, uniríase ao ballet da Opéra-Comique e despois iría a Estrasburgo e Lyon, onde bailaría ata 1794.

En 1754 compuxo a coreografía do seu primeiro ballet Fêteschinoises (Os festivais chineses). Máis tarde sería profesor de danza na corte de Marie Antoinette e mestre do ballet da Ópera. Morreu en 1810 en Saint-Germain-en-Laye, Francia.



Festival Love Dance


Cabecera-web-ecultura.png