ACTUALIZACIÓN: nova incorporación ao programa
| Domingo 27 de xullo. 2025
| Ás 18:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

O Concello do Porriño instalará unha pantalla xigante na praza Arquitecto Antonio Palacios onde a afección poderá animar á Selección feminina de fútbol na final ante Inglaterra. A emoción da Eurocopa vivirase ao grande este domingo no Porriño, todas as persoas afeccionadas poderán reunirse para gozar xuntos dun momento histórico.
O equipo adestrado por Montse Tomé venceu na prórroga (0-1) a Alemaña cun gol de Aitana Bonmatí e accedeu á final da Eurocopa por primeira vez na súa historia. Agora, teñen a oportunidade de, se vencen a Inglaterra na gran final, conquistar o único gran título que falta nas vitrinas do fútbol feminino español.

