| Sábado 7 de xuño • De 11:00 a 22:00 h
| Domingo 8 de xuño • De 12:00 a 21:00 h
| Praza 8 de Marzo » ver mapa

O Concello do Porriño celebrará esta fin de semana, os días 7 e 8 de xuño, a primeira edición do Fli-Po Market, un mercado pioneiro que converterá a Praza 8 de Marzo (Avenida de Galicia) nun espazo de encontro arredor da economía circular, o consumo responsable e a participación cidadá.
Organizado polo Concello do Porriño, o Fli-Po Market nace co obxectivo de promover hábitos de consumo sustentables e dar visibilidade a proxectos baseados na reutilización, a reciclaxe e a creatividade. Ofrecerá un espazo para a compra, venda e intercambio de produtos de segunda man. Ademais, contará cunha ampla programación de actividades lúdicas, música en directo e unha variada oferta gastronómica con postos de comida.
Programación sábado 7 de xuño
- 11:00 h: Apertura do Mercado de artesáns e deseñadores sostibles.
- 14:30 h: Actuación musical de Sálvora Trío.
- 16:30 h – 18:00 h: Obradoiro de macramé con refugallos téxtiles, a cargo de Hypathia.
Obradoiro de petos de macramé con refugallos téxtiles sobre camisetas recicladas. Podes traer a túa propia camiseta ou entregaráseche unha reciclada.
Para maiores de 11 anos – Máximo 15 prazas. - 18:30 h – 20:00 h: Obradoiro “Do vidro á eco-creatividade”, por Kolbéh.
Elaboración de floreiros con materiais reciclados. Podes traer o teu recipiente ou proprcionaráseche un reciclado. Para maiores de 11 anos – Máximo 15 prazas. - 20:30 h – 22:30 h: Sesión musical con DJ Rapante.
Programación domingo 8 de xuño
- 12:00 h: Apertura do Mercado Popular.
- 12:15 h – 13:45 h: Charla/Obradoiro con Retoque Retro: Arte cos residuos do mar.
Obradoiro dirixido a todos os públicos, incluídas familias con nenos/as. - 13:45 h – 15:45 h: Actuación musical de Bafana Bafana.
- 17:00 h – 18:30 h: Charla/Obradoiro con Inda Gargamala: Fractais sobre madeira reciclada.
- 19:00 h – 19:30 h: Actuación de Laura Carmona, participante de La Voz Kids 2025.
- 19:30 h – 21:30 h: Actuación musical de Somoza Trío.
- 21:30 h: Peche do mercado e sorteo da persoa gañadora.

