Galicia Ilusiona. Festival Mundial de Ilusionismo: Samuel Moreno

| Venres 14 de outubro. 2022
| Ás 20:30 h.
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Mundial de Ilusionismo: Samuel Moreno

Xunta de Galicia, Xacobeo 21-22. Concello do Porriño


Galicia será no ano 2O22 o centro mundial da maxia coa presenza dun dos maiores festivais de ilusionismo de toda Europa: Galicia Ilusiona. Maxia dun altísimo nivel da man dos mellores e máis premiados ilusionistas do momento que inundarán de ilusión Galicia nun ano máxico inesquecible.


Samuel Moreno

Mundial de Ilusionismo: Samuel Moreno

Samuel Moreno é un mozo ilusionista galego. Quedou como semifinalista de Got Talent España 2018. Destacou no programa por ser capaz de adiviñar as cartas por contacto. O seu show ten unha gran variedade de interaccións cargadas de humor e simpatía. Sempre ofrece un espectáculo moi rechamante e divertido combinando diferentes técnicas de maxia como son a cartomaxia e o mentalismo.

Ademais mestura maxia con música, tecnoloxía e humor. Samuel Moreno promete diversión e asombro nun show onde a participación do público é fundamental, xa que colaborarán con el no escenario e ten a oportunidade de presenciar a maxia en primeira persoa.



Cabecera-web-ecultura.png