“Giving Tuesday” – Martes de dar, recollida de alimentos 2019

| Martes 3 de decembro. 2019
A partir das 9:00 h.
| Centros de ensino do concello
| Actividade concertada

 “Giving Tuesday” - Martes de dar, recollida de alimentos


Organiza: OMIX do Porriño

O Concello do Porriño súmase a iniciativa solidaria #GivingTuesday. Esta foi unha das propostas aprobadas polos nenos, nenas e adolescentes do Consello Municipal de Infancia, no último pleno infantil celebrado o pasado 15 de novembro e  organizado pola Concellería de Educación e a OMIX do Concello.

Trátase dunha iniciativa que nace como alternativa ao Black Friday e Cyber Monday, que promoven o consumismo.

O #GivingTuesday é un movemento global que quere incentivar e multiplicar as boas accións das persoas. O obxectivo é dedicar un día en todo el mundo (este ano será o 3 de decembro), para celebrar a acción de dar, xa sexan alimentos, diñeiro, tempo (voluntariado), obxectos de segunda man, etc…

Neste caso os nenos/as do Consello Municipal de Infancia pediron a colaboración do concello para liderar unha actividade que denominaron “Alimentos para todos” e que pretende recoller o maior número de alimentos posibles para a súa posterior distribución entre as familias do concello con menores recursos.

A actividade central de recollida terá lugar o martes 3 de decembro, e realizarase fundamentalmente en colaboración cos centros escolares, nos que se instalarán os puntos de recollida, pero que tamén se instalarán no propio concello, na biblioteca e no pavillón municipal.

Dende o Concello do Porriño convidan a todos os veciños e veciñas a participar neste día, no que todo o mundo se une para DAR, e recomendan sobre todo dar aceite, galletas, legumes, leite e alimentos infantís, así como tamén conservas ou outros precociñados como fabada, garavanzos, lentellas, albóndegas,… no punto de recollida que considere.


GivingTuesday. Concello do Porriño

Que é #GIVINGTUESDAY?

#GivingTuesday é un movemento global que quere incentivar e multiplicar as boas accións das persoas. O obxectivo é dedicar un día en todo o mundo, este ano o 3 de decembro, a celebrar a acción de dar, xa sexan alimentos, diñeiro, tempo (voluntariado), obxectos de segunda man, etc. Unirse é moi sinxelo: só necesitas ganas de facer un mundo mellor e decidir que farás ou a quen darás.

# GIVINGTUESDAY é o día 3 de decembro, un días mundial dedicado a dar e colaborar con causas socias.

Usando o hashtag #GivingTuesday como instrumento para difundir esta idea nas redes sociais, búscase mobilizar a todos os cidadáns, familias, organizacións e empresas para que contribúan neste día mundial da doazón, co obxectivo final de expandir a solidariedade os 365 días do ano.

Na web de #GivingTuesday España atoparás todas as iniciativas e proxectos cos que podes colaborar, así como ideas para sumarte e axudar a difundir o #GivingTuesday a través das redes sociais (Twitter, Facebook e Instagram) e na túa contorna familiar ou de traballo.


Máis información sobre #GivingTuesday España, na súa páxina web » ligazón externa



Historia

A idea do #GivingTuesday xurdiu da ONG 92Y Street de Nova York, dedicada durante máis de 100 anos ás obras sociais, e da Fundación das Nacións Unidas, que achegou a súa experiencia na estratexia e a difusión de proxectos solidarios.

En 2012 creouse en EE.UU. o movemento chamado #GivingTuesday (martes para dar) como alternativa aos días previos, coñecidos como Black Friday e Cyber Monday, que promoven as compras antes de Nadal. Na súa primeira edición, miles de organizacións e persoas uníronse para colaborar en accións solidarias.

#GivingTuesday chegou por primeira vez a España en 2015, conseguindo un total de 405.000 € destinados a máis de 260 proxectos sociais, e 982 persoas doaron sangue por primeira vez. O movemento tivo unha repercusión en medios moi elevada e conseguiu ser trendic topic durante 5 horas. Ano tras ano conseguimos mellorar os resultados, en 2018, aínda foi mellor! Recadáronse 697.265 € destinados a máis de 300 proxectos sociais. Ademais, #GivingTuesday foi tema de tendencia durante 11 h.


Patrocinio OMIXCabecera-web-ecultura.png