“Giving Tuesday” – Martes de dar, recollida de alimentos 2021

| Martes 30 de novembro. 2021
| Centros de ensino do concello e SOS do Porriño

“Giving Tuesday” - Martes de dar, recollida de alimentos 2021

Organizan: OMIX do Porriño, Concellería de Educación e Consello da Infancia e a Adolescencia do Porriño


Un ano máis O Porriño volta a levar a cabo a iniciativa solidaria enmarcada no movemento global #GivingTuesday.

Tralo triunfo do ano pasado, e seguindo as indicacións das necesidades que detectan dende servizos sociais, repetirase a campaña de recollida específica de alimentos, leite e produtos de hixiene para bebés.

Esta proposta foi aprobada novamente no pleno municipal do Consello celebrado o pasado 19 de novembro, para conmemorar o día Internacional da Infancia.

O Giving Tuesday, ou “martes de dar”, é un movemento internacional que quere incentivar e multiplicar as boas accións das persoas. O obxectivo é dedicar un día en todo o mundo (este ano será o 30 de novembro), para celebrar o feito de dar, poden ser alimentos, diñeiro, tempo (voluntariado), obxectos de segunda man, etc. Este movemento naceu como alternativa ao Black Friday e Cyber Monday, que promoven o consumismo.

A OMIX do Porriño e a Concellería de Educación apoian e organizan un ano máis esta inicitiva “#GivingTuesday2021”, petición que foi feita dende o Consello de Participación Infantil e Xuvenil do concello no último pleno infantil celebrado o pasado 19 de novembro. Este ano a recollida específica vaise centrar principalmente en alimentos, leite e produtos de hixiene para bebés (cueiros, cremas, toalliñas, purés, leites e alimentos infantís de todo tipo …) para a súa posterior distribución entre as familias do concello con menores recursos. A recollida terá lugar o martes 30 de novembro, e realizarase contando ca colaboración dos centros escolares, nos que se instalarán puntos de recollida.

Dende o concello convidan a tódolos veciños e veciñas a participar neste día, no que todo o mundo se une para DAR, neste caso os productos terán que ser entregados no SOS do Porriño.


“Giving Tuesday” - Martes de dar, recollida de alimentos 2021

Que é #GIVINGTUESDAY?

#GivingTuesday é un movemento global que quere incentivar e multiplicar as boas accións das persoas. O obxectivo é dedicar un día en todo o mundo, este ano o 30 de novembro, a celebrar a acción de dar, xa sexan alimentos, diñeiro, tempo (voluntariado), obxectos de segunda man, etc. Unirse é moi sinxelo: só necesitas ganas de facer un mundo mellor e decidir que farás ou a quen darás.

#GIVINGTUESDAY é o día 30 de novembro, un días mundial dedicado a dar e colaborar con causas socias.

Usando o hashtag #GivingTuesday como instrumento para difundir esta idea nas redes sociais, búscase mobilizar a todos os cidadáns, familias, organizacións e empresas para que contribúan neste día mundial da doazón, co obxectivo final de expandir a solidariedade os 365 días do ano.

Na web de #GivingTuesday España atoparás todas as iniciativas e proxectos cos que podes colaborar, así como ideas para sumarte e axudar a difundir o #GivingTuesday a través das redes sociais (Twitter, Facebook e Instagram) e na túa contorna familiar ou de traballo.


Máis información sobre #GivingTuesday España, na súa páxina web » ligazón externa



Historia

A idea do #GivingTuesday xurdiu da ONG 92Y Street de Nova York, dedicada durante máis de 100 anos ás obras sociais, e da Fundación das Nacións Unidas, que achegou a súa experiencia na estratexia e a difusión de proxectos solidarios.

En 2012 creouse en EE.UU. o movemento chamado #GivingTuesday (martes para dar) como alternativa aos días previos, coñecidos como Black Friday e Cyber Monday, que promoven as compras antes de Nadal. Na súa primeira edición, miles de organizacións e persoas uníronse para colaborar en accións solidarias.

#GivingTuesday chegou por primeira vez a España en 2015, conseguindo un total de 405.000 € destinados a máis de 260 proxectos sociais, e 982 persoas doaron sangue por primeira vez. O movemento tivo unha repercusión en medios moi elevada e conseguiu ser trendic topic durante 5 horas. Ano tras ano conseguimos mellorar os resultados, en 2018, aínda foi mellor! Recadáronse 697.265 € destinados a máis de 300 proxectos sociais. Ademais, #GivingTuesday foi tema de tendencia durante 11 h.


Cabecera-web-ecultura.png