Gran espectáculo da maxia celta

Actualización: novo horario

| Domingo 28 de xullo. 2024
| Ás 21:00 h Ás 21:30 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Gran espectáculo da maxia celta

Compañía: Hípica Celta
Patrocina: Xunta de Galicia. Cultura no Camiño 2024


A gran gala da maxia será unha celebración inesquecible! Un carismático presentador será o guía de dous magos que asombrarán con diferentes tipos e especialidades de maxia, centrándose na maxia familiar que, combinada co humor e a interacción, conseguirá marabillar a grandes e pequenos/as.

Durante esta noite máxica poderás ver prestidixitación, con trucos de cartas e moedas que desafían a lóxica e te deixarán abraiado/a. Ademais haberá moitos trucos e números de maxia dos que non atoparás unha explicación lóxica! Non perdas esta oportunidade de vivir unha gala chea de encantos e sorpresas, onde cada actuación deixará a audiencia sen alento e coa boca aberta.



Imaxe web ecultura.net