Gran verbena. Sábado de Entroido 2026

| Sábado 14 de febreiro. 2026
| Ao rematar o desfile

Concerto Charanga Louband

Orquestra Olympus / Sesión Dj: Ballesteros + Dmiron


Orquestra Olympus

Olympus está radicada en Negreira e co paso do tempo chegou a ser considerada polo público como unha das mellores orquestras de Galicia.

Con humildade e moito traballo foron crecendo aos poucos. Nos comezos, fixérono como un pequeno grupo con moita ilusión e moitas ganas, onde a base de traballo e esforzo deron o gran paso para ampliar a formación e converterse en “Orquestra”. Así chegaron ata o día de hoxe en que se situaron entre as tres orquestras máis importantes de Galicia conseguindo éxitos e soños inalcanzables para moitos e impensables para nós mesmos anos atrás.

A súa filosofía baséase en ofrecer un gran espectáculo a todos os niveis, escenografía, luminotecnia, coreografías impactantes, pirotecnia, sorpresas e sobre todo moita música de calidade con 18 compoñentes artísticos encima do escenario. Un gran equipo de profesionais ofrecendo o mellor de si mesmos para lograr que todos os que vaian ver á orquestra pasen un intre agradable con todos eles.

Despois de catro traballos discográficos, varios DVD en vivo, miles e miles de actuacións, cheas de risas e bágoas seguen mantendo a mesma ilusión e a enerxía intacta para seguir crecendo e ofrecendo cousas novas aos seus seguidores ano tras ano. Más de 200 actuacións cada tempada; as 24 horas en directo no 2007, entrando así no libro “Winess World Records” por ser o grupo de música/orquestra que mais horas seguidas actuou no mundo; máis de 25 horas en 2008 no concerto de “Olympus e amigos”, coa colaboración de diferentes artistas como Astarot, Toñito de Poi, Miguel Torres, Eva Carreras, Rocío Caamaño, Pili Pampín, Sabela, Sito Mariño, Manolito el Pescador, Alberto Cunha, Lucía Perez, Dj Sonic. Todos estiveron en Negreira acompañando á orquestra nun concerto de música en directo. Todos eles xunto a Cristina Pato, Nacha Pop, La Unión e Marta Sánchez levaron a cabo unha fazaña difícil de esquecer.


Cabecera-web-ecultura.png