| Luns 30 de decembro. 2019
| Ás 20:00 h.
| Circuito urbano
Organiza: Concellería de Asuntos Sociais
A primerira carreira San Silvestre Solidaria Concello do Porriño disputarase o 30 de decembro. Terá un percorrido moi accesible, urbano, de tan só 3 quilómetros e estará aberta a todas as idades.
O comezo da carreira será ás 20:00 horas, con saída desde a praza Arquitecto Antonio Palacios. Todos as corredoras e corredores deberán estar na zona de saída 10 min. antes do comezo da proba.
Un dos obxectivos desta cita é o seu carácter solidario. Todos os rexistrados deberán levar 1 kg. de alimentos non perecedoiros que se destinarán ao Banco de Alimentos. Haberá unha estancia debidamente sinalada para deixar os produtos.
No que atinxe os premios, haberá agasallos para o corredor/a máis lonxevo; para os que terminen en seis posicións elixidas ao azar e tamén serán premiados o primeiro corredor e primeira corredora do Concello do Porriño.
Haberá servizo de duchas gratuito para todos aqueles partcipantes na San Silvestre que queiran asearse despois da carreira. Habilitanse as duchas do Pavillón 1 do Polideportivo Municipal, a partir de que remate a proba e a entrega de premios.
Inscriccións e máis información na páxina web de Carreiras Galegas (prazo de inscrición pechado) » ligazón externa
Regulamento da I San Silvestre Solidaria Concello do Porriño (PDF) » ligazón externa