I Concurso de Postres de Nadal

| Inscricións ata o 21 de decembro
| Venres 23 de decembro. 2022
| Ás 12:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

I Concurso de Postres de Nadal

Organiza: Concellería de Comercio do Concello do Porriño


O Concello do Porriño, a través da concellería de Comercio que dirixe Antía Carrera, convoca o seu I Concurso de Sobremesas de Nadal.

“O obxectivo é recuperar a preparación deses postres caseiros típicos do Nadal e que os amantes da cociña e a repostaría poidan mostrar as súas mellores creacións, inspiradas nunha das épocas do ano na que as receitas doces adquiren un especial protagonismo”, explicou a concelleira.

As sobremesas que se presenten deberán estar relacionadas co Nadal, ben sexa polos ingredientes empregados ou pola súa presentación.

Os doces presentaranse xa preparados na casa e deberán ser consumibles en prato individual para un mínimo de 10 comensais. Cada concursante poderá presentar un máximo de dúas sobremesas. Terán que estar listas para degustar, en perfectas condicións de consumo e en bandexa desbotable o día 23 de decembro de 2022, ás 12 h na praza Arquitecto Antonio Palacios.

No momento da recepción da sobremesa seralle entregado un sobre á persoa participante, co que se lle asignará un número. Neste sobre deberán introducir a receita cos ingredientes utilizados e a forma de elaboración. O xurado soamente coñecerá o número e non a identidade do/a participante (que non será desvelada ata a asignación dos premios).

“Valorarase o sabor, a elaboración, a complexidade da receita, os ingredientes utilizados, a orixinalidade e a creatividade da presentación”, apuntou Antía Carrera, “Outorgaranse tres premios (o primeiro de 250 euros, o segundo de 150 e o terceiro de 100 euros) para consumir no Porriño, xa que o certame ten tamén como fin dinamizar o consumo nos nosos locais de hostalería e comercio”.

O prazo de inscrición está aberto ata o 21 de decembro. Todas as persoas interesadas en participar poderan anotarse enviando o documento de inscrición ao seguinte correo electrónico: rexistro@oporrino.org


Botón descarga documento de inscrición


I Concurso de Postres de Nadal


Cabecera-web-ecultura.png