I Concurso escolar de carteis do Entroido. 2022

| Ata o 10 de febreiro. 2022
| Actividade concertada cos centros educativos do Porriño

I Concurso escolar de carteis do Entroido. 2022

Organizan: Concellería de Educación e Normalización Lingüística, OMIX do Porriño e Servizo de Normalización Lingüística 


O Concello do Porriño, a través da concellería de Educación, deu a coñecer o cartel oficial do Entroido 2022. O deseño de Valeria Lage, alumna de primeiro curso da ESO do CPR Santo Tomás, foi elixido como gañador do I Concurso Escolar de Carteis do Entroido no que se buscaban as mellores ilustracións para promocionar as festas deste ano.

O xurado, composto polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e as artistas locais Nuria Vilanova e Chelo Rodríguez, seleccionaron o deseño de Valeria entre os preto de 200 carteis que presentaron os centros educativos de primaria e secundaria e Aceesca. As ilustracións presentadas foron moitas e variadas, realizadas con ceras, acuarelas, colaxe ou carbón, valéndose de multitudes de técnicas creativas, tanto en formato papel como en cartolina.

Ante tal dificil decisión, o xurado resolveu ampliar dous accesit quedando os premiados da seguinte maneira:


Cartel gañador: Valeria Lage Fernández, 1º ESO do CPR Santo Tomás

Cartel Entroido 2022. Concello do Porriño


2º Premio: Rubén Rodríguez Rodríguez, 5ºB do CEIP Xosé Fernández López


3º Premio: Saray Rodríguez Pérez, de Aceesca


Accesit: Carlota Rodríguez Miranda, 1º ESO do CPR Santo Tomás


Accesit: Laura Pampillón Teijeira, 3º ESO do IES Ribeira do Louro


O carteis gañadores recibirán un lote de material escolar e os seus autores serán os encargados de ler o pregón que dará inicio ás festas do Entroido na vila.

O acto de entrega de premios terá lugar o vindeiro xoves 17 de febreiro no Centro Cultural Municipal, coincidindo coa inauguración da exposición na que se mostrarán todos os carteis participantes.

A continuación se detallan los colegios participantes:

  • IES PINO MANSO
  • CEIP FERNÁNDEZ LÓPEZ
  • ACEESCA
  • CEIP ANTONIO PALACIOS
  • CPR HNOS QUIROGA
  • CPR STO TOMÁS
  • CEIP CRUZ BUDIÑO
  • CEIP ATIOS
  • CEIP DA RIBEIRA
  • IES RIBEIRA DO LOURO

O Concello do Porriño, dende a Concellería de Educación e Normalización Lingüística , convoca o I Concurso Escolar de Carteis do Entroido (2022) no que se buscan as mellores ilustracións para promocionar as festas do Entroido do Porriño.

Neste concurso, elaborado de forma conxunta polos servizos municipais da OMIX e Normalización Lingüística, poderá participar todo o alumnado dos centros educativos do Porriño, nos niveis de infantil, primaria e secundaria; así como o alumnado de Aceesca. O cartel gañador, 1º premio, será a imaxe do Entroido do Concello do Porriño 2022 e as tres persoas premiadas (1º, 2º e 3º) recibirán un lote de material escolar, ademais de seren as pregoeiras do Entroido 2022 do Porriño.

Con esta iniciativa, o Concello pretende implicar a cidadanía, concretamente o alumnado, na organización da súa axenda cultural; así como promover e dinamizar a lingua e cultura galegas a través dunha festividade tan vencellada á nosa tradición cultural. Os carteis do Entroido serán expostos no Centro Cultural Municipal e mais na páxina de ecultura.net durante as datas do Entroido.

Dende a OMIX e o Servizo de Normalización Lingüística animámoste a participar no teu centro de estudo para formar parte da imaxe do Concello do Porriño nestas datas festivas. Podes consultar aquí as bases do concurso na seguinte ligazón.



Cabecera-web-ecultura.png