I Torneo de Fútbol Jonathan Vila

ACTUALIZACIÓN: unha soa xornada (sábado 23 de setembro)
| Sábado 23 de setembro. 2023
Campo Municipal do Lourambal » ver mapa

I Torneo de Fútbol Jonathan Vila

Organiza: Porriño Industrial CF


O Complexo Deportivo Lourambal acollerá o sábado 23 de setembro o I Torneo Jonathan Vila de Fútbol Base, organizado polo Porriño Industrial C.F. en colaboración co Concello do Porriño no marco das Festas do Cristo 2023.

Como o seu nome indica, o futbolista porriñés será o padriño deste evento deportivo que congregará a un total de 41 equipos das categorías alevín, benxamín e pre-benxamín nas instalacións porriñesas.

A competición disputarase por categorías. No caso dos Alevíns e Benxamíns serán 16 equipos en cada unha, repartidos catro grupos de catro con Fase Final e Fase de Consolidación. Os Pre-Benxamíns serán 9 equipos, que disputarán o torneo en 3grupos de 3 e o resultado será por parciais.

Jonathan, veciño da parroquia de Budiño, iniciou a súa carreira con 8 anos no Porriño Industrial para despois continuar no RC Celta de Vigo. A día de hoxe este excelente centrocampista segue moi vinculado ao seu pobo e ao Porriño Industrial, onde segue participando en iniciativas deportivas como esta.

Vila debutou no RC Celta de Vigo en Primeira División ante o Levante, o 17 de decembro de 2006. A súa carreira continuou con Beitar Jerusalén, Real Oviedo, Recreativo de Huelva e Football Club of Pune City da India, finalizando a súa traxectoria no Coruxo FC.


I Torneo de Fútbol Jonathan Vila


Cartel Festas do Cristo 2023


Cabecera-web-ecultura.png