ACTUALIZACIÓN: Nova localización
| Venres 17 de xullo. 2026
| A partir das 19:30 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios Praza do Cristo » ver mapa
| Require inscripción previa (aberta ata o 15 de xullo)

Organiza: Club Xadrez Mos
O torneo disputarase na praza Arquitecto Antonio Palacios praza do Cristo (nova localización) o venres 17 de xullo. A competición desenvolverase mediante o sistema suízo a 7 roldas, cun ritmo de xogo de 5 minutos por participante máis un incremento de 2 segundos por xogada.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o mércores 15 de xullo ás 18:00 horas. Unha vez rematado este prazo non se admitirán novas inscricións. As persoas interesadas poderán formalizar a súa participación a través do correo electrónico clubxadrezmos@gmail.com ou chamando ao teléfono 618 873 541. É necesario estar federado na tempada vixente para poder solicitar a inscrición no torneo.


