| Sábado 17 de xullo. 2021
| Centro Cultural Os Penediños de Atios (torreiro da Guía, Atios) » ver mapa
“Unha volta polo medio” é un encontro que máis que unha representación ao uso é unha convivencia, un conxunto de músicas de raíz, de artistas, de bailes, de fandangos…
O 17 de xullo no torreiro da Guía, Atios (O Porriño) terá lugar o encontro musical, onde tamén terá lugar unha Feira de Artesáns. Con todo, xerarase así un ambiente agradable de compañía, música, baile, artesanía e moito máis.
Durante todo o día haberá actuacións de ABuxaina (Coruxo) e Os Penediños de Atios (Atios), baile, pasarrúas, xogos tradicionais… e moita música.
Cara o remate do día tera lugar o agardado concerto. Serán diversos participantes do evento, grandes e recoñecidos musicos de raíz, os que nos deixen disfrutar da súa música e o seu bo facer.