II Encontro Galego de Consellos de Participación Infantil e Adolescente

| Días 22 e 23 de outubro. 2021
| O Porriño

II encontro galego de consellos de participación infantil e adolescente

Organiza: OMIX do Porriño, Concellería de Educación e Consello Municipal de Infancia e Adolescencia do Porriño


Mozas e mozos do Porriño participarán este venres pola tarde e sábado pola mañá no Encontro Autonómico de Consellos.

Un ano máis o Porriño súmase a este encontro, que desta volta será telemático para protexer o benestar das persoas participantes, onde todas as Cidades Amigas da Infancia de Galicia están convidadas a participar para que nenas, nenos e adolescentes unan as súas forzas para traballar ao redor das propostas para a Xunta de Galicia.

Este ano a temática è Medio Ambiente. Nestes dous días, estarán debatindo, buscando solución e elaborando propostas para que a nosa comunidade autónoma sexa un lugar máis sostible, verde, menos contaminante e teña en conta a participación da xente máis nova.

No mes de novembro, unha persoa de cada concello pertencentes aos grupos de participación, levarán todas as propostas que traballen estes dous días, ao pleno que se celebrará na Xunta de Galicia o día 16 de novembro de xeito presencial.

Os representantes do Municipal de Infancia e Adolescencia do Porriño serán: Nicolas Freiría Casal, Kiara Vazquez Lescano, Laura Carmona García, Alex Loureiro López e Carla Godoy Magalhaes.

O grupo de goberno quere aproveitar para agradecer a estes mozos e mozas do Porriño a súa implicación e esforzo.


Axenda venres 22 de outubro

  • 17.15 – 17.30 – Conexión participantes
  • 17.30 – 17.40 – Benvida ao encontro e dinámica de inicio (grupal entre todos e todas)
  • 17.40 – 17.45 – Explicación do funcionamento do encontro
  • 17.45 – 18.30 – Traballo en grupos. Sesión 1
  • 18.30 – 18.40. – Pausa
  • 18.40 – 20.00 – Traballo en grupos. Sesión 2

Axenda sábado 23 de outubro

  • 10.20 – 10.30 – Conexión participantes
  • 10.30 – 10.45 – Dinámica grupal
  • 10.45 – 11.30 – Traballo en grupos. Sesión 3 – preparación conclusións
  • 11.30 – 12.15 – Presentación conclusións (en plenario)
  • 12.15– Peche e despedida
  • 12:30h- Fin do encontro

II Encontro Galego de Consellos de Participación Infantil e Adolescente


Cabecera-web-ecultura.png