| Sábado 26 de setembro. 2026
| Ás 19:00 h
| Praza do Cristo » ver mapa

O II Festival Cristo de Bandas reunirá ás bandas Agrupación Musical doPorriño e Agrupación Musical da Guarda, na praza do Cristo, ás 19:00 h do sábado 26 de setembro.
Agrupación Musical do Porriño

A Agrupación Musical de Porriño nace en 2016, estando vinculada á Banda de Música da Escola Municipal de Música de Porriño e baixo a dirección do Mestre Javier Domínguez Millán.
A banda conta cunha trintena de músicos e un amplo repertorio de pasodobres, música de bandas sonoras, obras sinfónicas, música tradicional galega e mesmo música contemporánea.
Participou nas festas Escolares Municipais, nos festivais de Bandas: Salvaterra, Belesar, Goián, San Miguel de Oia, Infesto… ou en festas tocando no enterro da sardiña en entroidos, na Festa do Can, nas festas de San Bieito, nas do Cristo de Porriño ou en gravacións de panxoliñas para as festas do Nadal do municipio de Porriño.
Desde 2019 o director é David Trastoy Oseira.
Agrupación Musical da Guarda

Nacida en 2001, a Agrupación Musical da Guarda é unha formación comprometida coa música, a cultura e a formación de novos músicos. Ao longo da súa traxectoria participou en numerosos festivais e certames dentro e fóra de Galicia, levando a música da Guarda a diferentes escenarios.
Ademais dos seus concertos e encontros anuais, conta cun grupo de iniciación que garante a continuidade e o futuro da banda.

