II Fli-po Market. Mercado sostible

| Sábado 6 de xuño • De 11:00 h a 22:00 h
| Domingo 7 de xuño • De 12:00 h
a 21:00 h
Praza 8 de Marzo » ver mapa

II Fli-po Market. Mercado sostible

O Porriño volverá desfrutar este 2026 da segunda edición do mercado sostible “FLI-PO Market”, unha iniciativa que busca converter a Praza 8 de Marzo nun punto de encontro para o consumo ético e responsable.

Esta segunda edición do “FLI-PO Market” terá lugar a fin de semana do 6 e 7 de xuño. No caso do sábado o mercado está orientado a profesionais, mentres que o domingo o estará en particulares, aínda que se nesta segunda xornada quedan postos libres, os profesionais tamén poderán solicitar praza posto para o domingo.

O “FLI-PO Market” non será só un espazo de venda, senón unha xornada festiva completa con actividades lúdicas, música en directo e postos de comida.



II Fli-po Market. Mercado sostible

II Fli-po Market. Mercado sostible