| Sábado 14 de xuño. 2025
| A partir das 9:30 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

A gala de entrega dos Premios Antonio Palacios celebrarase o sábado 14 de xuño na Praza Arquitecto Antonio Palacios, e contará cunha ampla programación de actividades culturais, artísticas e musicais ao longo de todo o día.
Durante esta semana, foron anunciándose os demais galardóns que se outorgarán o sábado: o Premio á Cultura ao Festival de Cans, pola súa labor única na promoción do cinema galego e a dinamización do rural con creatividade e participación veciñal; o Premio ao Compromiso Social ao Círculo Recreativo Cultural CRC, por ser un espazo histórico de encontro e fomento da cohesión social; o Premio á Empresa ás imprentas Paz e Gráficas Bolfer, polo seu compromiso coa calidade, innovación e apoio á economía local; o Premio de Honor a título póstumo a Lola Magno, pioneira fotógrafa que documentou a vida e evolución social do Porriño, deixando un valioso legado cultural; e o Premio ao Deporte ao adestrador porriñés Claudio Giráldez González, pola súa traxectoria exemplar como técnico do RC Celta de Vigo, que esta tempada conseguiu a clasificación para a UEFA Europa League.
Estes premios, promovidos polo Concello, teñen como obxectivo recoñecer e visibilizar o talento local en diferentes ámbitos —cultura, empresa, compromiso social, deporte e memoria histórica— ao tempo que se rende homenaxe á figura do gran arquitecto porriñés Antonio Palacios, símbolo do orgullo e da identidade do municipio.
Programa da xornada dos II Premios Antonio Palacios
- 9:30 h. II Concurso de Pintura Rápida. Pintando a Palacios [ + info ]
- 12:30 h. Concerto da Agrupación Musical do Porriño.
- 19:00 h. Entrega de premios do II Concurso de Pintura Rápida. Pintando a Palacios.
- 21:00 h. Himno Galego a cargo da Banda de Gaitas de Paramos.
- 21:05 h. Entrega dos II Premios Antonio Palacios. Un recoñecemento da vila do Porriño á excelencia e dedicación de persoas e organizacións que, co seu traballo incansable, enriquecen a nosa sociedade.
- 22:00 h. Concerto da Banda de Gaitas de Paramos.
