II Xuntanza Literaria

| Venres 21 de abril. 2023
| Horario lectivo
Parque Alba de Torneiros » ver mapa
| Actividade concertada cos centros educativos do Porriño

II Xuntanza Literaria

Organizan: coordinadores das bibliotecas dos centros educativos
Colaboran: Concellería de Educación, Servizo de Normalización lingüística e OMIX do Porriño


Desde a Concellería de Educación e Normalización Lingüística e a OMIX do Concello do Porriño continuamos apostando por proxectos innovadores para difundir a lingua e cultura galegas entre a nosa comunidade educativa.
Tras o éxito do ano pasado, a celebración desta 2º “Quedada” dará lugar a unha xornada cultural moito máis ambiciosa, con expresións artísticas diversas, traídas da man da música en galego e tamén da literatura nos seus diferentes xéneros: narrativa, teatro e poesía.

O programa para este día está organizado polos/as coordinadores/as das bibliotecas dos centros escolares, coas que o Concello do Porriño colabora. Este ano participarán 10 centros de ensino do Porriño, 411 nenos/as de idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos, polo que se abarca a infancia e parte da mocidade porriñesa.

Abordaranse os seguintes contidos:

  1. Fomentar o gusto pola lectura en lingua galega. “A lectura en voz alta, e en lingua galega, destes fragmentos produce no/a neno/a unha visualización de si mesmo/a como pertencente á cultural galega, o que pode levar a un estado de reafirmación ou mesmo de coñecemento e primeira achega satisfactoria coa lingua e cultura galegas, no caso de que fose castelanfalante”.
  2. Estas expresións literarias, vense reforzadas, tamén, coa música (outra forma de expresión literaria) que serve para expresar determinados sentimentos e emocións dunha forma máis lúdica e divertida.
    Da man de Xoán Curiel, con dous artistas máis en escena, coma se se tratase dunha representación teatral, ofrecerase un concerto interactivo de 50 minutos; no que o alumnado non será un simple espectador senón que poderá participar desta actividade lúdica e cultural mediante coros e xogos e sempre empregando a lingua galega como ferramenta de traballo.

Desde o Concello e os departamentos de biblioteca dos centros participantes, perseguimos alcanzar coa realización da edición deste ano, entre outros os seguintes obxectivos:

  • Promover o uso da lingua galega entre a infancia e a mocidade.
  • Promover a lectura en lingua galega entre a infancia e a mocidade a través da lectura individual e colectiva de varios fragmentos de obras galegas por parte do propio alumnado.
  • Motivar a participación activa da mocidade en proxectos creativos que fagan uso da lingua galega.
  • Dignificar a lingua galega e achegala á comunidade educativa a través da literatura e da música.
  • Promover a socialización en lingua galega dos distintos grupos de alumnado dos 11 centros de ensino participantes a través dunha xornada lúdica e de conciliación entre centros educativos locais.

II Xuntanza Literaria

II Xuntanza Literaria


Programa

  • Ás 10:30 h: chegada ao parque Alba
  • De 10:30 a 12:00 h: lectura individual, lectura compartida, recomendacións lectoras e merenda
  • De 12:00 a 13:00 h: clausura co espectáculo de “Xoán Curiel – Concerto infantil”
  • Ás 13:00 h: saída

II Xuntanza LiterariaII Xuntanza Literaria


Servizo de Normalizacion Lingüística do Concello do PorriñoCabecera-web-ecultura.png