III Concurso escolar de carteis de Entroido. 2024

| Ata luns día 29 de xaneiro. 2024
| Recollida dos carteis no Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño

III Concurso escolar de carteis de Entroido. 2024

Concellería de Educación e Normalización Lingüística e OMIX do Porriño


A Concellería de Educación e Normalización Lingüística e a OMIX do Concello do Porriño convocan o III Concurso Escolar de Carteis de Entroido como xeito de promover esta festa entre a veciñanza, sobre todo entre o sector da poboación máis nova.

Poderá participar o alumnado dos centros educativos do Porriño con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos, así como o alumnado de Aceesca.

Establécense tres categorías de acordo coa idade, nas que haberá, para cada unha delas, 1º, 2º e 3º premio, baseados en artigos de material escolar. E escollerase un cartel gañador de entre todas as persoas participantes, que será a imaxe oficial para promover o entroido do Concello do Porriño 2024. A persoa autora deste cartel acompañará ao pregoeiro do entroido no balcón da casa consistorial.

Cada centro poderá participar con ata cinco carteis por categoría e a participación será individual. Os carteis poderanse entregar ata luns día 29 de xaneiro no Centro Cultural.

Valorarase a técnica creativa, o uso da lingua galega e a composición xeral do cartel, de acordo cos criterios apropiados a cada grupo de idade. Todas as características técnicas, contido e xeito de presentar os debuxos recóllense nas bases, expostas para a súa consulta no Taboleiro de Anuncios do Concello, na páxina web do Servizo de Normalización Lingüística e nas redes sociais desta Administración.

Tódolos carteis serán expostos ao público no vestíbulo do Centro Cultural, así coma no blog do Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Porriño e nas súas redes sociais durante as festas do entroido


Botón descarga as bases do concurso


Concellería de Educación do Concello do Porriño
Servizo de Normalizacion Lingüística do Concello do Porriño
OMIXCabecera-web-ecultura.png