III Premios Antonio Palacios

| Sábado 13 de xuño. 2026
| A partir das 9:30 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

III Premios Antonio Palacios

A gala de entrega dos Premios Antonio Palacios celebrarase o sábado 13 de xuño na Praza Arquitecto Antonio Palacios, e contará cunha ampla programación de actividades culturais, artísticas e musicais ao longo de todo o día.

Estes premios, promovidos polo Concello, teñen como obxectivo recoñecer e visibilizar o talento local en diferentes ámbitos -cultura, empresa, compromiso social, deporte e memoria histórica- ao tempo que se rende homenaxe á figura do gran arquitecto porriñés Antonio Palacios, símbolo do orgullo e da identidade do municipio.