Incricións para o concurso con premios ás ANPAS dos centros educativos e ás asociacións culturais do Concello do Porriño participantes na cabalgata de reis de 2025

| Do mércores 11 ao venres 20 de decembro. 2024
| Rexistro xeral ou sede electrónica do Concello do Porriño

Incricións para o concurso con premios ás ANPAS dos centros educativos e ás asociacións culturais do Concello do Porriño participantes na cabalgata de reis de 2025

A Concellería de Festexos e Cultura do Concello do Porriño convoca os desfiles tradicionais da Cabalgata de Reis do ano 2025.

As bases rexerán o concurso para a concesión de premios ás ANPAS dos centros educativos e asociacións culturais do Concello do Porriño pola participación na Cabalgata de Reis, programada polo Concello do Porriño o domingo día 5 de xaneiro de 2025. A cabalgata estará composta por 3 carrozas reais que irán acompañadas de 2 carrozas de paquetaría e do tren do Nadal.


Requisitos xerais


Participantes

Poderán optar aos premios todas aquelas ANPAS dos centros educativos e asociacións culturais do Concello do Porriño con un mínimo de 6 compoñentes (nenos/as e adultos/as).

Os nenos e nenas que participen deberán ter como mínimo 6 anos de idade.

O número máximo de participantes por ANPA ou asociación sitúase en 8 nenos e mais 8 adultos, e asignaráselle unha carroza.

O número máximo total de participantes na cabalgata sitúase en 76 participantes.

Inscricións e prazo

As inscricións poderán presentarse de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello do Porriño mediante instancia xeral, indicando os seguintes datos:

  • nome da Anpa ou asociación cultural
  • teléfono e correo electrónico da persoa responsable
  • número de nenas/os participantes

Achegarán a seguinte documentación de carácter obrigatorio:

  • Fotocopia do CIF da ANPA ou da asociación.
  • Declaración responsable asinada polo/a presidente/a da ANPA ou asociación de non ter débedas tributarias nin fronte á Seguridade Social.
  • Certificado orixinal da conta bancaria da ANPA ou asociación.

Continxencias

Aquelas ANPAS ou asociacións culturais que teñan dificultade coa presentación do CIF ou documento de exención do IVE, terán que presentar o documento onde reflictan que esas solicitudes están en trámite e que se achegarán unha vez que as teñan no seu poder.

Prazo

As ANPAS ou asociacións culturais participantes poderán inscribirse dende o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de anuncios municipal ata o 20 de decembro, ambos os días incluídos. Aquelas inscricións realizadas antes ou despois do prazo estipulado nestas bases non serán admitidas, calquera que sexa a causa.

Importe dos premios

A cantidade máxima destinada a premios de participación na cabalgata de reis 2025 establécese en 3000 €.

O importe dos premios a cada ANPA ou asociación cultural será o seguinte:

  • Premio por asistencia de entre 6 e 10 participantes (mínimo 6 anos de idade): 300,00 €
  • Premio por asistencia de entre 11 e 16 participantes (mínimo 6 anos de idade): 450,00 €

O importe máximo establecido de 3000 € repartirase ata acadar esta cifra e seguindo rigorosamente a orde de inscrición. Aquelas ANPAS ou asociacións culturais que desexen participar na cabalgata de reis fóra deste orzamento poderán inscribirse sen opción ao premio por participación.

Unha vez recibidas todas as solicitudes, informarase a cada unha das ANPAS do número de participantes que debe convocar para tratar de ser o máis equitativo posible.

Vestimenta

Os traxes que se atopen nas dependencias municipais serán entregados de maneira equitativa por orde de inscrición e atendendo ás idades das persoas participantes. No caso de non recibir traxe, este deberá ser confeccionado pola ANPA ou asociación cultural e seguindo as indicacións da Concellería de Cultura e Festexos.

Unha vez rematada a cabalgata e pasados, como máximo, 10 días dende a data de celebración desta, os traxes prestados polo Concello do Porriño deberán ser entregados, limpos e en perfecto estado, no Centro Cultural Municipal.

As ANPAS ou asociacións culturais ás que se lle preste algún traxe para a participación na cabalgata de reis serán responsables de calquera dano que poida sufrir. Para iso, antes de facer a retirada dos traxes, firmarán un documento de responsabilidade onde figurará o número e o tipo de traxe que se lle presta.

Percorrido da cabalgata e horario

A cabalgata realizarase no lugar, data e horario que se sinale no programa de festas de Nadal.

Valoración de premios

No control das/dos compoñentes de cada unha das ANPAS ou asociacións culturais haberá un comité de observación e valoración de premios, nomeado por resolución de Alcaldía, composto por unha serie de membros en número impar.

A participación supón a plena aceptación do disposto nas presentes bases e o incumprimento de calquera das cláusulas dará lugar á perda do dereito de optar aos premios.

Valoración de premios

No control das/dos compoñentes de cada unha das ANPAS ou asociacións culturais haberá un comité de observación e valoración de premios, nomeado por resolución de Alcaldía, composto por unha serie de membros en número impar.


Botón descarga as bases do concurso

Botón descarga do documento de declaración responsable


Cabecera-web-ecultura.png