Inscricións para o Campo de Voluntariado Internacional “Gándaras de Budiño”

| Do 23 de xullo ao 3 de agosto. 2024
| Require inscrición (do 17 ao 30 de abril)
| Para a mocidade de 9 a 30 anos
Gándaras de Budiño » ver mapa

Campo de Voluntariado Internacional “Gándaras de Budiño”

Campaña de Verán 2024, “O teu mellor verán”. Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia
Promove: Concello do Porriño, a través da súa Concellería de Voluntariado (en colaboración coas de Cultura, Educación e Deportes) e a OMIX


A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia ven de presentar a Campaña de Verán 2024, “O teu mellor verán”, con máis de 11.000 prazas para mocidade entre 9 e 30 anos en actividades de educación non formal como campamentos e campos de voluntariado.

Entre as novidades deste 2024 atópase o Campo de Voluntariado Internacional “Gándaras de Budiño”, un proxecto promovido polo Concello do Porriño, a través da súa Concellería de Voluntariado (en colaboración coas de Cultura, Educación e Deportes) e a OMIX. Este campo de voluntariado medioambiental busca poñer en valor unha área senlleira como son as Gándaras de Budiño, con accións encamiñadas á retirada de especies invasoras e ao coidado das especies autóctonas, así como á renovación da sinaléctica para promocionar a ruta que percorre o espazo.

Durante 12 días, 20 participantes chegados de distintas partes do mundo convivirán nas instalacións do CEIP Antonio Palacios, facendo labores de voluntariado nas Gándaras polas mañás, e disfrutando dun completo plan de actividades de lecer educativo, excursións e dinámicas de equipo organizadas pola cooperativa Avada.

É un campo de voluntariado internacional con prazas reservadas para participantes do estranxeiro, pero tamén hai prazas para a xuventude local e de outras Comunidades Autóctonas. O proceso de inscrición está xa aberto na páxina web de Xuventude: http://xuventude.xunta.es/ e a inscrición ten un custe de 110,00 € (82,50 € no caso de ter Carné Xove).


Campo de Voluntariado Internacional “Gándaras de Budiño”

Campo de Voluntariado Internacional “Gándaras de Budiño”


Cabecera-web-ecultura.png