| Campamento do 1 de xullo ao 9 de agosto. 2024
| Inscricións desde o luns 10, ata o 17 de xuño. 2024
| Rexistro xeral ou sede electrónica do Concello do Porriño
Concellería de Igualdade. Actividade englobada dentro do programa Porriño en favor da conciliación da vida persoal e laboral
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Igualdade, abre o prazo de inscrición o luns día 10 de xuño para o “Campamento de verán 2024”, dirixido á cativada entre 3 e 12 anos cumpridos, para axudar a conciliación da vida persoal e laboral.
O Concello pon a disposición de forma gratuíta un total de 50 prazas por semana para rapaces e rapazas que desexen disfrutar do verán facendo actividades e xogos nas instalacións municipais durante as mañás de xullo e parte de agosto. O campamento terá lugar entre o 1 de xullo e o 8 de agosto en horario de 8:30 a 14:00 horas. Os solicitantes poderán escoller as semanas que máis lles interese e, de haber máis solicitantes que prazas, se fará unha selección seguindo o baremo e a orde de inscrición, xa publicados na páxina web do Concello.
A presentación das solicitudes está aberta desde o 10 de xuño ás 9:00 horas e rematará o 17 de xuño ás 8:59 horas. Poderá realizarse por sede electrónica ou presencialmente por rexistro; neste último caso, en horario de 9:00 a 14:00 horas.