| Días 14, 15 , 16 e 21 de abril. 2025
| De 8:30 a 14:30 h
| Inscricións dende o martes día 1 de abril ás 9:00 h, ata o luns 7 de abril, ás 9:00 h, no rexistro xeral ou sede electrónica do Concello do Porriño.
Organizan: Concellería de Igualdade
O vindeiro martes, 1 de abril, ás 9:00 h, abrirase o prazo de inscrición para o Campamento de Semana Santa organizado polo Concello do Porriño. Esta iniciativa, destinada a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, desenvolverase en instalacións municipais os días 14, 15, 16 e 21 de abril, en horario de 8:30 a 14:30 h, cun aforo limitado a 50 participantes.
O proceso de inscrición poderá realizarse tanto a través da sede electrónica do Concello como de maneira presencial no Rexistro Municipal, ata o luns 7 de abril ás 9:00 h. A selección dos participantes levarase a cabo mediante un proceso de baremación que combina a orde de presentación das solicitudes e a consideración de situacións de especial vulnerabilidade social, garantindo así un acceso prioritario ás familias que máis o precisan. Os criterios detallados de baremación están dispoñibles para a súa consulta na páxina web municipal.
𝗔𝘂𝘁𝗼𝗿𝗶𝘇𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗿𝗲𝗰𝗼𝗹𝗹𝗲𝗿 𝗮𝗼𝘀 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀: https://oporrino.org/…/AUTORIZACION-PARA-RECOLLER-A…
O Concello do Porriño anima a todas as familias interesadas a presentar as súas solicitudes e aproveitar esta oportunidade de conciliación e desfrute para os máis pequenos e pequenas
Autorización para recoller aos participantes: [Descargar o documento]