| días 3, 4 e 5 de marzo. 2025
| De 8:30 a 14:30 h
| En instalacións municipais
| Inscrición do 19 ao 25 de febreiro, a través da sede electrónica do Concello do Porriño, ou de xeito presencial no rexistro do Concello
Organiza: Concellería de Igualdade do Porriño
O Concello organiza un campamento para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos os días 3, 4 e 5 de marzo en horario de mañá. O prazo de inscrición abre o mércores 19 de febreiro.
Chegadas as vacacións escolares do Entroido son moitas as persoas que precisan conciliar a vida laboral e familiar. Co fin de dar resposta a esta necesidade, a Concellería de Igualdade do Porriño, que dirixe Carolina González, organiza un campamento dirixido á cativada de entre 3 e 12 anos os días 3, 4 e 5 de marzo, en horario de 08:30 a 14:30 horas.
As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas en participar deben realizar a inscrición previa, a partir do mércores, 19 de febreiro, e ata ás 9:00 horas do día 25 do mesmo mes. Estas poden realizarse en liña, a través da sede electrónica do Concello do Porriño, ou de xeito presencial no rexistro do Concello.
O campamento levarase a cabo en instalacións municipais e nel realizaranse diversos xogos e actividades nas que se promoverán os valores do respecto, a igualdade e a solidariedade.
- FOLLA DE INSCRIPCIÓN E BAREMO – CAMPAMENTO DE ENTROIDO 2025 > descargar
- AUTORIZACIÓN DE ENTREGA E RECOLLIDA – CAMPAMENTO DE ENTROIDO 2025 > descargar