| Venres 28 de xuño. 2024
| Inscricións ata o 20 de xuño. 2024
| Rexistro xeral ou sede electrónica do Concello do Porriño
Celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+
O Concello do Porriño convoca o Concurso a Drag Queen do Porriño Orgulloso 2024 co obxectivo de elixir o Drag Queen do Porriño Orgulloso do ano 2024 do Concello do Porriño, así coma o segundo e terceiro clasificados, que terá lugar o venres 28 de xuño de 2024, ás 21:00 horas.
Poderán participar neste concurso todas as persoas que teñan cumpridos os 18 anos antes da celebración do acto e que acheguen, previamente ao concurso, a folla de inscrición oficial así coma os documentos que se solicitan.
O Concello premiará con mil euros ás mellores drag queens da noite: 500 euros para a gañadora, e 300 e 200 euros para a segunda e a terceira clasificada respectivamente.
As inscricións poderán presentarse de modo presencial no Rexistro Xeral do Concello do Porriño (de luns a venres de 9 a 14 horas) ou de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello do Porriño mediante impreso normalizado. O prazo de inscrición ata o día 20 de xuño.