| Sábado 29 de febreiro e domingo 1 de marzo. 2020
| Guláns (Ponteareas), Mos e Porriño
IV Challenge As Rías Baixas 2020
Documentación: Regulamento e Rutómetro (descargar)
IV CHALLENGE AS RIAS BAIXAS está reservada para as categorías M30, M40, M50, M60 JUNIOR E FEMINAS MASTER.
1º ETAPA “GRAN PREMIO DE PONTEAREAS”, contrarreloxo individual de 8 km. no parque de Avisoureira, en Gulans, desnivel acumulado 120 m.
2º ETAPA “GRAN PREMIO DE MOS”, etapa en liña de 6 km. neutralizada + 81 de carreira, desnivel acumulado 1.000 m.
3º ETAPA “GRAN PREMIO DO PORRIÑO”, etapa en liña de 14.4 km. de neutralizado + 77,7 km. de carreira, 973 m. de desnivel acumulado.
Condicións
A proba rexerase por unha clasificación por tempo investido das 3 etapas que consta a Challenge. O número de participantes está limitado a un máximo de 200 corredores (federados). Para a categoría de Junior reservásense 30 prazas cun depósito de 3 euros que se abona na retirada de dorsais. O resto de prazas para Junior dependerá da dispoñibilidade. Para a categoría master resérvanse 170 prazas cun custo de 15 euros por etapa, sendo 45 o total das 3 etapas. Terán preferencia na reserva de prazas, a hora da inscrición e o numero de etapas a disputar, dando prioridade aos corredores que corren 3 etapas, logo 2 etapas e finalmente 1 etapa. Aos corredores que queden fora da lista devolveránselle o 100% do ingresado. A inscrición é a través da páxina www.magmasport.es
O custo da inscrición no día é de 20 euros por etapa.
Identificación dos corredores
Cada participante recibirá coa inscrición, dous dorsais, un tríptico coa información do rutómetro e un dorsal de plástico de identificación na bicicleta. É obrigatorio o uso dos dous dorsais e a identificación da bicicleta en cada etapa en liña e o chip nas tres etapas. Na hora da inscrición, será obrigatorio o depósito da licenza ou o DNI do corredor. Unha vez finalizado o evento devolverase coa devolución dos dous dorsais.
Oficina permanente
Abrirase a oficina permanente dúas horas antes da saída de cada proba nos locais próximos debidamente habilitados e sinalizados.
Composicións e clasificacións por equipos
Non existe límite máximo de corredores por club. Para poder contar con vehículo de apoio de equipo son necesarios un mínimo de 3 corredores. A clasificación por equipos, consta da suma dos 3 primeiros de cada equipo en cada etapa. En caso de empate, resolverase a favor do que obtivese mais primeiros postos na clasificación diaria por equipos. É obrigatorio realizar o control de firmas antes da saída en cada proba. O corredor que non o realice pode quedar descualificado segundo o regulamento da RFEC.
Radio volta
A información da carreira emitirase nunha frecuencia nas emisoras facilitadas pola organización.
Xeral Premio da Montaña, Meta Volante e Sprint Especial
Obterase pola suma dos puntos conseguidos por cada corredor nos pasos puntuables. En caso de empate resolverase a favor de quen conseguise mais primeiros postos nos pasos puntuables. De seguir empatados será a clasificación xeral quen determine ao gañador.
Os puntos conseguidos en cada paso puntuable son:
Posto Puntos > 1ª 3 – 2ª 2 -3ª 3
Premio da combinada
Establécese a clasificación da regularidade, pola suma de puntos conseguidos nos pasos de Métas Volantes, Montaña e Sprint Especial. En caso de empate en puntos resólvese por mellores postos nos devanditos pasos e de seguir empatado será a clasificación xeral quen determine o gañador.
Protocolo
Ao final de cada etapa os corredores deben presentarse en pódium con vestimenta de competición para a cerimonia protocolaria.
Premios
- Un trofeo aos 3 mellores clasificados de cada categoría en cada etapa coa súa correspondente camisola de líder.
- Un trofeo artesanal ao gañador de cada gran premio en cada etapa co seu ramo de flores.
- Un trofeo + camisola aos gañadores dos premios MV SE PM e COMBINADA de cada etapa.
- Un trofeo aos gañadores por equipos en cada etapa.
- 3 trofeos, camisola e xamón aos 3 finalistas da xeral de cada categoría.
- 1 trofeos aos 3 primeiros equipos da xeral. Ao gañador levase unha barra de pan de 2 m coa súa correspondente botella de viño.
- Un trofeo + camisola + xamón aos líderes da xeral dos premios MV É REGULARIDADE E PM
- TROFEO+CAMISOLA EXCLUSIVA Ao GAÑADOR DA XERAL
Penalizacións
Aplicarase o baremo de sancións da RFEC. Todos os casos non previstos no presente regulamento serán resoltos polo regulamento UCI.