IV Concurso Infantil de Postais de Nadal do Concello do Porriño

| Do 6 ao 26 de decembro. 2024
| Centro Cultural Municipal » ver mapa

IV Concurso Infantil de Postais de Nadal do Concello do Porriño

Organiza: Concellería de Normalización Lingüística do Porriño


Por cuarto ano consecutivo, o Servizo de Normalización Lingüística do Porriño organiza este concurso co obxectivo de que as/os máis pequenas/os feliciten as festas do Nadal a toda veciñanza a través dunha postal decorativa e unha bonita mensaxe escrita en lingua galega. Así, o Concello do Porriño busca dinamizar o uso da lingua galega nun grupo de idade clave para o fomento dos hábitos lingüísticos aproveitando as datas do Nadal, que tanto lles gustan á cativada.

Poderán participar nenas e nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos a través de postais orixinais e inéditas escritas en lingua galega. Estas poderanse entregar do 6 ao 26 de decembro de 2024 na caixa de devolución de libros da Biblioteca Municipal do Porriño, sita no exterior do Centro Cultural Municipal ou en man na propia Biblioteca.

Establécense 3 categorías de premios, con tres premios por cada categoría, consistentes en lotes de material escolar. A derradeira semana do ano colgarase a relación de persoas premiadas tanto nas redes sociais coma no taboleiro de anuncios do Centro Cultural Municipal.

A entrega de premios efectuarase o venres 3 de xaneiro de 2025 ás 17:00 horas na sala de prensa do Concello do Porriño (1º andar).


Botón descarga as bases do concurso



IV Concurso Infantil de Postais de Nadal do Concello do Porriño


Cabecera-web-ecultura.png