Desde a Concellería de Igualdade continuamos co compromiso de difundir o IV Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Porriño 2020-2024; que foi aprobado por unanimidade no Pleno do 27 de febreiro, e presentado á cidadanía o 11 de marzo.
Esta é unha versión resumida onde se dan a coñecer as medidas a realizaren no 1º semestre deste ano 2020; que se irá completando coas medidas seguintes, 2º semestre do ano e así sucesivamente, segundo a cronoloxía do plan.
Este IV Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes aborda 7 eixes de intervención con 54 medidas de acción, como son:
- A Promoción da Igualdade na Política Municipal.
- Emprego e Conciliación da Vida Persoal, Laboral e Profesional.
- Coeducación, deporte e calidade de vida.
- Urbanismo, Mobilidade e Seguridade.
- Atención a situacións de vulnerabilidade.
- Empoderamento e participación.
- A Violencia de Xénero.